Skip to main content

Actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega

A AELG, cuxas asembleas e actividades acolle desde sempre o propio Museo, encargou ao Presidente da Real Academia Galega a laudatio da institución homenaxeada nun acto que vai congregar en Compostela á directiva da AELG que preside o poeta Cesáreo Sánchez, aos seus socios e a numerosas personalidades da vida cultural e social galega.

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976 e ten a súa sede no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. É un museo que conserva e estuda a nosa cultura espiritual e material e que tamén organiza exposicións, cursos, congresos, etc.

Por outra parte a AELG anuncia que celebrará en Poio e Pontevedra o XXV aniversario da súa fundación os vindeiros días 4 e 5 de xuño ao tempo que decidiu que as protagonistas da XI edición da homenaxe " O escritor na súa terra" sexan as irmás Pura e Dora Vázquez a quen a asociación vai homenaxear en Ourense, a súa cidade natal, o 25 de xuño.
Asociación de Escritores en Lingua Galega