A cantora galega Uxía recibe o premio especial do xurado aRi[t]mar
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; participaron esta noite na gala de entrega dos Premios aRi[t]mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa, celebrada no Auditorio de Galicia. Carmen Pomar entregoulle á cantora galega Uxía neste acto o Premio aRi[t]mar especial do xurado Embaixada da Amizade galego-lusófona; mentres que Valentín García foi encargado de entregarlle o galardón na categoría musical á banda portuguesa de pop rock do Porto Os Azeitonas.
No apartado de poesía, as gañadoras foron a galega Susana Sánchez Arins, polo poema e isso é o amor (Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018), e a portuguesa Marta Chaves, por FACHADA (Varanda de Inverno, Assírio e Alvim, 2018). Os poemas foron escollidos por votación popular en liña aberta a todo o público galego e portugués.
No apartado musical os galardoados foron o grupo de música tradicional galega Tanxugueiras e a banda portuguesa de pop rock do Porto Os Azeitonas. Ademais deles, Carlos Blanco actuou na gala, que foi conducida por Maria João Costa.
O certame aRi[t]mar é promovido pola Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela e conta coa colaboración das consellerías de Cultura e Turismo; Educación, Universidade e Formación Profesional e Vicepresidencia da Xunta de Galicia. A gala é tamén patrocinada pola Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago de Compostela, o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e o Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo. Colaboran, así mesmo, a Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, as EOI de Lugo e Pontevedra e os centros do ensino portugués dependentes do Instituto Camões.
O certame ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua de ambas partes, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. De feito, a iniciativa ten moi boa acollida entre alumnado e profesorado e está a contribuír a fomentar o estudo do galego e o portugués, ao ter a motivación engadida da música e a poesía.

Certame aRi[t]mar