Constitúese en Santiago a Federación de Ateneos de Galicia
Na nomeada acta fundacional foi recollida a designación, como órgano de goberno provisional da Federación, unha Xunta Directiva conformada por Francisco Javier Montero Dongil como Presidente, Xulio Pardellas de Blas como Vicepresidente, Francisco Candela Castrillo como Secretario, Antón Porteiro Lago como Tesoureiro e Anxo Cabada Álvarez, Pablo Santiago Fernández Prieto, Xaime Domínguez Toxo e Xosé Collazo Castro como Vogais. Do mesmo xeito, neste documento tamén se inclúe o mandato desta nova directiva ao Secretario para “formalizar o proceso de constitución diante das distintas administracións e institucións públicas”.
Pola súa banda, nos Estatutos que rexerán a Federación de Ateneos de Galicia, aprobados polos presentes, establécese o domicilio social no local do Ateneo de Santiago, ata que se conte con sede propia, así como o fin de funcionar “como un espazo de encontro, diálogo, cooperación e axuda entre os Ateneos que formen parte da mesma” e “de impulso de realización de actividades conxuntas preferentemente no ámbito xeográfico de Galicia".

Federación de Ateneos de Galicia