Skip to main content

Saturnino Valladares recompilou os poemas dedicados a Valente nun libro que presentará con Claudio Rodríguez Fer

Trátase dun libro editado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dirixida polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, que presentará o acto xunto ao autor da obra, tras palabras liminares de Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC. Seguidamente, terá lugar un recital itinerante por toda a exposición, onde varios poetas, profesores e investigadores, a maioría valentistas, lerán poemas do libro e de Valente, respectivamente ante as diferentes seccións dos autores expostos na capela gótica e no salón artesoado do pazo de Fonseca, sempre baixo a premisa dalgunha relación significativa entre texto, rapsoda e material exposto, debido a Tàpies, Chillida, Saura, Salinas, Nóvoa, Virxilio, Rebeyrolle, Partenheimer, Forteza, Coral, etc.

Así, leranse poemas dedicados a Valente por Vicente Aleixandre, Antonio Gamoneda, Juan Gelman, Blanca Varela, José Agustín Goytisolo, Alfonso Costafreda, Pere Gimferrer, Bernard Noël, Jacques Ancet, Jorge Riechmann, Luz Pozo Garza ou Claudio Rodríguez Fer, así como tamén de Valente, a cargo de poetas e valentistas como os citados Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares máis Xoán Xosé Fernández Abella, Carmen Blanco, María Lopo, Adina Vladu, Cristina Fiaño, Agenor Prieto Machado, Juan Manuel del Río, Javier Pueyo, Miguel Cavadas Docampo, Arantxa Fuentes Ríos, Dolors Perarnau, Armando Requeixo ou Nieves Herrero.

ESCALETA

Na antiga capela gótica:

Apertura do acto:
Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC
Presentación do autor:
Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente da USC
Presentación da obra:
Saturnino Valladares, autor do libro e profesor da Universidade Federal do Amazonas (Brasil)

Ante augafortes de Tàpies: poema de Vicente Aleixandre por Agenor Prieto Machado, poeta e graduado en Filosofía pola USC
Ante gravados de Tàpies: poema de Alfonso Costafreda por Arantxa Fuentes Ríos, doutora en Literatura Comparada, profesora na USC e investigadora sobre Valente
Ante litografías de Tàpies: poema de Pere Gimferrer por Dolors Perarnau, doutora en Filosofía, profesora de Catalán na USC e investigadora sobre Valente
Ante Salinas: poema de Juan Gelman por Cristina Fiaño, graduada en Difusión Cultural pola USC e investigadora sobre Valente e Gelman
Ante Virxilio: poema de José Agustín Goytisolo por Xoán Xosé Fernández Abella, poeta da memoria galeguista
Ante Coral: poema de Blanca Varela por Juan Manuel del Río, profesor e doutor en Valente e Westphalen

No salón artesoado mudéxar:

Ante o manuscrito de ”Ícaro”: poema de José Ángel Valente por Adina Ioana Vladu, poeta, tradutora e doutora en Lingüística pola Universidade de Bucarest
Ante Nóvoa: poema de Luz Pozo Garza por Carmen Blanco, escritora, profesora de Literatura Galega na USC e estudosa de Valente e de Luz Pozo Garza
Ante o manuscrito de “Sub nocte”: poema de José Ángel Valente por Armando Requeixo, crítico literario, doutor en Filoloxía Galega e profesor da USC
Ante Rebeyrolle: poema de Bernard Noël por María Lopo, ensaísta, doutora en Literatura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña e estudosa de Valente e Noël
Ante Saura: poema de Jacques Ancet por Javier Pueyo, profesor da Universidade de Borgoña e doutor en Valente e Oteiza
Ante Forteza: poema de Jorge Riechmann por Nieves Herrero, doutora en Antropoloxía e profesora da USC
Ante Chillida: poema de Antonio Gamoneda por Miguel Cavadas Docampo, bolseiro da Cátedra Valente da USC e director e autor teatral
Ante Partenheimer: poema de Saturnino Valladares por Saturnino Valladares, poeta e doutor pola USC en Valente e os poetas da súa idade
Ante os libros da Cátedra Valente: poema de Claudio Rodríguez Fer por Claudio Rodríguez Fer, poeta, amigo e estudoso de Valente e director da Cátedra Valente da USC

Clausura do acto:
Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC
Cátedra Valente