Skip to main content

Transparencia, eficacia e rapidez como claves para a comunicación en tempos de crise

Entre estes asistentes destacaron os 60 alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de A Coruña e os 20 do EfA Piñeiral de Arzúa que usaron este Foro como materia a impartir en clase e que os eguiron ao completo dende a súas aulas.

Participaron neste foro especial “información, desinformación e pandemia” un total de 6 expertos en comunicación e marketing que cubrían toda a cadea da comunicación corporativa: marketing, comunicación, xestión de medios, gabinete e medios de comunicación. A denominada “nova normalidade” trouxo consigo cambios nas estratexias informativas de empresas e institucións que tiveron que adaptar os seus plans de marketing e de comunicación á situación actual. Foi a directora de marketing Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, quen deu as claves para seguir informando nesta época de incertidume: “transparencia, eficacia, rapidez, responsabilidade, empatía e sentido común”.

O presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e da Asociación Galega de Marketing - Markea, Xosé Luis Reza, foi o primeiro dos relatores deste foro e explicou cómo adaptar un Plan de Marketing ao contexto COVID-19. Fixo referencia a que as empresas deben ser “boas persoas xurídicas” á hora de comunicar as súas mensaxes e incidiu na necesidade de adaptarse aos sistemas de valores das novas xeracións nacidas x ana era dixital a través da máxima de “entender e atender ao cliente”. Tamén fixo un repaso por marcas galegas que adaptaron con éxito o seu plan de marketing á situación de crise reorientando os seus produtos cara as necesidades e demandas do cliente.

Pola súa parte a directora da Marketing e Comunicación Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, abordou a evolución da comunicación corporativa dende o comezo da crise ata o momento actual. Fixo referencia a que esta crise supuxo tamén a oportunidade de cambiar e actualizar o xeito de facer comunicación corporativa que se seguía facendo ao igual que nos anos 60. Tamén advertiu sobre o risco de “se pagar pola información de calidade non está ó alcance de todos, as #FakeNews e as medias verdades tenán, curiosamente, máis potenciais lectores ao distribuirse en aberto".

Este Foro da Comunicación incluíu ademais unha mesa redonda que abordou conceptos como a “infodemia” (termo que non estiveron de acordó os relatores xa que segundo indican os medios publican o que o lector demanda e nestes meses a demanda solicitaba información sanitaria) e cómo esta ten afectado ás relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes e medios de comunicación. Estivo moderada polo subdirector de La Región, Fernando González Macías, quen reivindicou o papel do xornalista indicando que “o único que non podemos confinar é a verdade”. Esta mesa contou coaparticipación de Myriam Sierra e Carlos Bermello, responsables do Servizo de Comunicación da Área Sanitaria do Complexo Hospitalario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que contarán cómo viviron os momentos máis duros da pandemia e cál foi a súa relación cos medios de comunicación. A labor realizada por este gabinete trascendeu dos medios locais e convertéronse nunha referencia galega e estatal á hora de obter información sanitaria. Con creatividade e dispoñibilidade fixeron un labor de produción de contidos a disposición dos medios de comunicacióno que permitiu facer chegar á sociedade certos contidos que non terían chegado doutro xeito.

Representando ás empresas e aos xestores de medios, participou tamén nesta mesa o director de Desenvolvemento Estratéxico en Avante Evolumedia, Álvaro Brandau, que falou sobre cómo as empresas tiveron que cambiar as súas campañas para poder empatizar con clientes e usuarios. El explicou que en realidade nada cambiou porque todo cambiara xa coa transformación dixital pero que que a crise sí que fixo que esa transformación se acelerase dun xeito vertixinoso.

O último dos relatores desta mesa de debate foi o representante da demarcación de Ourense do Colexio de Xornalistas de Galicia, Javier Fraiz, quen reinvidiou o papel do xornalista que tivo que especializarse á forza en sanidade e fixo referencia ás dificultades que atravesan aos medios locais para poder ofrecer información veraz e de calidade.

Este Foro contou cun acto de apertura no que participaron os organizadores e representantes da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia representada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e da Deputación Provincial de Ourense, representada polo deputado de Innovación e Turismo, Jorge Pumar. Xunta e Deputación son as dúas entidades que levan apoiando este foro dende o seu inicio en 2013.

Este Foro da Comunicación de Galicia virtual e “especial COVID-19” contou co apoio, e xa van oito anos de xeito consecutivo. Está previsto que o vindeiro mes de febreiro se celebre unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia, xa de carácter presencial, e que tería lugar na mesma xornada que a Gala de entrega dos Premios Paraugas do Marketing e da Comunicación de Galicia.
Expourense