Skip to main content

VIII edición do Caxato de Avelino

A profesora e escritora MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO será a mantedora deste ACTO.

Logo do ACTO DE ENTREGA irase ao PASEO AVELINO POUSA NA URBANIZACIÓN OS VERXEIS para realizar unha ofrenda floral no monolito que alí hai en honra de AVELINO POUSA.

Recibiron recoñecemento en anteriores edicións: ALFONSO BLANCO TORRADO,CONCELLO DE TEO,PARROQUIA STA MARÍA DE ARZÚA,FINA CASALDERREI,FAMILIA VALENTÍN ARIAS, ANTÓN COSTA, FUNDACIÓN PENZOL Este ano correspóndelle a MARICA CAMPO E SÚA IRMÁ TEREIXA.

Dos agasallos a recibir por quen se recoñecen, un deles, o caxato, é obra do escultor Valdi e o outro consiste nun grabado da autoría do pintor humanista Heitor Picallo.
Irmandade Avelino Pousa