Entra de novo chapapote no Parque Nacional das Illas Atlánticas
O chapapote ten maioritariamente o tamaño dunha moeda grande.
Xusto dez meses despois do afundimento do buque seguimos a comprobar como o primeiro impacto do verquido aínda non está finalizado, pois a chegada de fuel, precisamente a un dos espacios costeiros máis valiosos do litoral galego e con maior nivel de protección, amosa claramente a complexa situación creada, nun momento no que a maior parte das artes pesqueiras están xa a ser empregadas, agravando o impacto do verquido sobre as poboacións pesqueiras e marisqueiras, cuxos efectos comprobaranse nos próximos anos.
Por outra banda, ponse de manifesto que a propaganda oficial, particularmente da Xunta de Galicia, de negar a evidencia choca diariamente coa triste realidade do orballo de chapapote nas nosas costas.

Adega