Skip to main content

ADEGA solicita a demisión de Carlos del Álamo como Presidente do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Carlos del Álamo, hai que lembrar, foi Conselleiro de Medio Ambiente até hai pouco tempo. Baixo a súa xestión, a natureza galega viviu un dos momentos máis negros da súa historia; neste período o ex-conselleiro non só non defendeu o patrimonio natural senón que o meteu nunha espiral de degradación. Paralelamente, pechouse a calquera tipo de contacto e vía de diálogo coas organizacións sociais, particularmente as ecoloxistas. Ante a crise do Prestige, a súa actuación foi patética polo que foi relevado do seu posto; hai que lembrar que coa case totalidade da costa galega afectada polo fuel, intervención tras intervención o ex-conselleiro aseguraba que non había ningún espacio natural afectado.
Tras a súa xestión premióuselle coa presidencia do Patronato e agora pretende avaliar unha situación que foi en boa medida responsabilidade súa.
Adega