Skip to main content

Comeza en Compostela o II Curso-Obradoiro de Antropoloxía

A coordinadora da II edición do Obradoiro de Antropoloxía, Fátima Braña Rey, dixo que a proposta da AGA está relacionada coa necesidade de achegarse a outros campos profesionais, da imprescindible colaboración entre as diferentes disciplinas que interactúan no campo da conservación e difusión do patrimonio.
O programa de traballo desta segunda edición, comeza ás 17 h. da tarde coa entrega de documentación ós asistentes e coa intervención de Marcial Gondar, catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago. A xornada do sábado contará coas intervencións de Rosario Quintana ( Axente de Desenvolvemento Local ), Manuel Vilar ( antropólogo), Xosé Carlos Sierra ( Director do Museo de Rivadavia ) e Xerardo Pereira ( Profesor de Antropoloxía da Universidade de Tras Os Montes- Alto Douro – Portugal ).
As sesións presenciais continuarán ata as 19 h. do sábado día 11. A semana do 12 ó 22 de outubro, os asistentes intercambiarán as súas reflexións e achegas ó encontro, a través da páxina web da AGA. O remate destas xornadas obradoiro, terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego o sábado 25 de outubro ás 19h.
A asistencia a este Curso reportará ós estudiantes un crédito de libre configuración.
Programa horario :
- Venres 10 outubro - De 17 a 19 h.
- Sábado 11 de outubro – De 10,30 a 13,30 e de 16,30 a 19 h.
- Semana 12-22- Aportacións á web da AGA
- Sábado 25 de outubro- De 10,30 a 13,30 e de 16,30 a 19 h.
Fátima Braña Rey + Museo do Pobo Galego