A directora da gardería do Milladoiro persiste na súa actitude déspota e escurantista
Tampouco estamos dispostos a continuar soportando o cambio continuo e aleatorio do persoal que coida ós nosos fillos; os horarios estrictos pero arbitrarios, máis condicionados por cuestións laborais ca educativas; a obstrucción permanente ó noso acceso ás instalacións e a intencionada falta de comunicación cos pais sobre a formación dos rapaces, actitudes que lle corresponden a persoas de dubidosa altura ética e, indubidablemente, incapacitadas para correr coa educación dos cativos do Milladoiro.
Todas estas queixas foron expresadas nos últimos anos, oralmente e por escrito, por numerosos pais que, no mellor dos casos, obtiveron o silencio como resposta. Tamén se lle manifestaron á sorprendida e incrédula conselleira de Familia, Pilar Rojo, que se comprometeu a chamar na mañá do día 24 a Asunción Varela para que rectificase o seu comportamento.
No día de hoxe non nos consta que nin as súas xestións nin as nosas reclamacións fosen escoitadas pola directora da gardería, que se limitou a poñer o cartel de titorías nas portas das aulas, dous meses despois de comezar o curso.
Pilar Rojo, na resolución do expediente sobre as cámaras de espionaxe, afirmaba que entre as súas competencias está comprobar a idoneidade das instalacións, do proxecto educativo e inspeccionar tales extremos. ¿Que máis ten que ocorrer para que actúe?

Susana Mayo Redondo (Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa)