A exposición fotoxornalística Marea Negra será inaugurada no pavillón central da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
A exposición fotoxornalística MAREA NEGRA será inaugurada mañá, martes, día 11, ás 19´00 horas, na Sala de Exposicións do Campus Universitario de Lugo, sita no Pavillón Central da Facultade de Veterinaria, onde permanecerá ata o día 26 de novembro.
No acto inaugural estarán presentes: Manuel Cifuentes, vicerrector adxunto de investigación, terceiro ciclo e extensión docente da Universidade de Santiago no campus de Lugo; Enrique González García, Decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, e Xosé María García Palmeiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).
A exposición fotoxornalística Marea Negra, formada por 103 fotografías de 58 fotoxornalistas e organizada polo CPXG en colaboración con Burla Negra, sección cultural da Plataforma Nunca Máis, percorreu xa sete comunidades autónomas (Andalucía, Cataluña, Galicia, Castilla-La Mancha, Euskadi, Navarra e Castilla-León) e estivo recentemente en Braga (Portugal). Foi visitada por máis de 150.000 persoas. O catálogo da exposición, coas imaxes e textos sobre a catástrofe, será publicado en breve polo CPXG.
Actualmente unha copia segue exhibíndose en Andalucía, onde no mes de novembro estivo en Castro del Río, Espejo, Nueva Carteya (Córdoba), e a partir do 15 de novembro, en Granada. Outra copia poderá verse en Vitoria, do 17 ó 30 de novembro. Deste xeito, coincidindo co primeiro aniversario da catástrofe do Prestige, a mostra poderá contemplarse simultáneamente en Lugo, Vitoria e Granada. Desde Lugo a mostra viaxará a Cáceres.
A exposición MAREA NEGRA reflicte toda a emoción, a tensión, o dramatismo, o extraordinario esforzo colectivo e a movilización social derivadas da catástrofe do Prestige e supón tamén unha testemuña de solidariedade cos afectados e cos voluntarios e un recoñecemento ó traballo dos fotoxornalistas, nomeadamente ós galegos. É, ademais, unha iniciativa necesaria para o imprescindible exercicio da memoria e a defensa da liberdade de expresión.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresou públicamente o seu agradecemento á Universidade de Santiago e, moi especialmente, ó labor de Mar Lorenzo Moledo, vicerrectora de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria.

Colexio de Xornalistas de Galicia