Skip to main content

ADEGA lamenta a aprobación da asignación do plano de resíduos sólidos urbanos a SOGAMA no Pleno Extraordinario de Concello de Santiago

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza lamenta que o Concello de Santiago, cos votos dos grupos municipais do PSOE e o PP, veña de aprobar a incineración dos residuos da cidade en SOGAMA.
A opción aprobada representa a opción máis lesiva medioambientalmente a máis alonxada de calquera criterio de sustentabilidade na planificación do futuro deste Concello.
ADEGA lamenta tamén o bloqueo da participación cidadán por parte do Concello, non convocando o Consello Municipal de Medio Ambiente, órgano que recolle nos seus estatutos a obrigatoriedade de reunirse trimestralmente e que leva sen convocarse dende abril e impedindo o acceso da cidadanía ao Pleno. Únicamente permitiron falar cinco minutos, e sen dereito a réplica, a Xan Duro, Presidente de ADEGA e representante da Plataforma Cidadán contra a Incineración.
Á porta do Concello ficaron 7 cidadáns e cidadás que segundo o Regulamento de Participación Cidadá teñen dereito a asistir aos plenos pero aos que se lle impediu a entrada alegando falta de espacio, mentres dentro do salón de Plenos, os asentos para o público ocupábannos o chofer do Alcalde e diversos asesores do mesmo.
Ante este lamentábel espectáculo, ADEGA esixe a aplicación dos regulamentos de participación cidadán e a convocatoria de todos os órganos consultivos para que decisiósn desta trascendencia sexan discutidos abertamente e que a cidadanía teña a posibilidade de exercer os seus lexítimos dereitos.
Adega