Skip to main content

A Asociación de Nais e Pais da Gardeiría do Milladoiro reclaman a apertura dun expediente sancionador a Asunción Varela e á Asociación Teiraboa

Este escrito vai avalado coas sinaturas de 115 pais e nais e baséase nos seguintes feitos:
1º O expediente informativo da Xunta de Galicia non engade un só dato que determine cánto tempo se gravou, a quén e ónde están as cintas pero péchase afirmando que todo „é normal‰. Só contamos coas contradictorias declaracións da directora que di, entre outras cousas, que os nenos non foron gravados. Si o foron, tal como indica a colocación das cámaras e as propias declaracións de Manuel Fraga.
2º Non se tiveron en conta nin as queixas presentadas durante anos ante o anterior alcalde, marido de Asunción Varela, nin ante a propia consellería, nin sequera as que de novo lle fixemos chegar os pais na entrevista do 23 de outubro.
3º Non se mantiveron entrevistas formais cos pais e coas traballadoras, o que indica que só se tiveron en conta as declaracións da directora e a subdirectora do centro, que si acudiron á consellería en varias ocasións.
4º Pilar Rojo limitou as posibles actuacións ó ámbito xudicial, amparada en que ata o momento non se demostrara ningunha irregularidade. Daquela xa a Comisaría de Policía retirara as cámaras por carecer de autorización, cuestión que é un delicto manifesto, probado e transmitido á conselleira.
5º Amais de todos estes defectos do proceso anterior, Teiraboa continúa incumprindo obrigas legais sobre información e participación dos pais que afectan directamente ó funcionamento do centro e que fortalecen a nosa convicción de que a instalación ilegal de cámaras non é un feito illado, senón a grave consecuencia da xestión continuada de Asunción Varela como dona e señora deste centro público, deliberadamente oculta para os titores legais dos cativos.
Polo tanto, esiximos a actuación responsable da Consellería de Familia que, en virtude da Lei galega 3/1997, que di que a infancia ten dereito a que se respecte a súa vida privada, familiar e social, e a que se protexa esta de toda inxerencia arbitraria ou ilegal, así como de todo ataque á súa honra ou á súa imaxe.
Esta é unha das numerosas disposicións normativas infrinxidas por Teiraboa e ás que Pilar Rojo xa non pode pechar os ollos.
Susana Mayo Redondo (Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa)