O SLG inicia a campaña reivindicativa a prol dos 0'42 euros como prezo base do leite

mínimo, as gandeiras e gandeiros veranse abocados/as a negociar o importe recebido polo seu produto de xeito individual coa empresa encargada da recollida.
Este feito supón un perigosísimo retroceso nas conquistas sociais, así coma unha
grande irresponsabilidade por parte dos gobernos, xa que están a promover a desaparición da negociación colectiva.
Este proceso de negociación individual, supón ademais un incisivo ataque á unidade
do sector, abandeirando unha inxusta desigualdade no pago, que se baseará en criterios
especulativos das empresas.
Nunha negociación individual sempre gaña @ máis forte. Na negociación do prezo a
pagar polo litro de leite, grazas ao contrato sen prezo mínimo, a empresa tería a primeira e a última palabra.
Que pasará cando un produtor ou produtora se negue a firmar contratos aos
baixos prezos ofertados polas empresas, xa anunciados neste momento en todas as
explotacións do País? Simplemente procurarán algunha persoa que non se poida permitir
rexeitalo, creando unha dinámica de aceptación de pagos ínfimos que garanta á industria a consecución dunha maior marxe de beneficios e a consolidación da práctica ilegal do
dumping ( vender un produto por baixo do prezo que custa producilo).
O Sindicato Labrego Galego abre con forza unha nova campaña de loita na procura da
seguridade dun prezo mínimo para o leite, o que noutros sectores se podería entender coma a consecución dun “soldo base”, reivindicación que na práctica totalidade das profesións se dá por máis que asentada.
O obxectivo final é conseguir abrir unha negociación co Goberno galego e
estatal para acadar a fixación deste prezo base mínimo: 0, 42 (o custe de produción €
actual máis a remuneración do traballo realizado pela gandeira ou gandeiro).
Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG)