Pesca colabora coa asociación O Mar da Fin da Terra no II Seminario de Participación Cidadá
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos colabora coa asociación “O Mar da Fin da Terra”, integrada polas confrarías de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe, na organización da segunda xornada que conforma o I Ciclo de Seminarios de Participación Cidadá. Esta actividade forma parte do proxecto “Posta en valor do patrimonio pesqueiro na Costa da Morte”, unha iniciativa impulsada pola devandita asociación e que se está a desenvolver ao amparo da Orde do 6 de marzo de 2007 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos pola que se establecen as bases e se regula a concesión de axudas para proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e o sector pesqueiro.
Este segundo seminario, denominado “Posta en valor dos recursos pesqueiros: Ferramentas de comunicación, comercialización e marketing”, celebrouse esta mañá no Centro Cultural e Xuvenil de Muros. O curso, que foi destinado ao persoal dos pósitos da asociación “O Mar da Fin da Terra” e ao público en xeral, ten como obxectivo a valorización dos produtos da pesca artesanal.
A xornada, que deu comezo ás nove e media da mañá, acolleu a diversos profesionais vinculados co ámbito da pesca. Así, a primeira intervención veu da man de Constantino Gago Conde, asesor do sector pesqueiro artesanal e socio da cooperativa Xedega, S. Coop. Galega, que falou das “Experiencias innovadoras de valorización dos productos pesqueiros”. A continuación, Alberto Garazo Fabregat, responsable Comercial e de Calidade do proxecto “Polbo de Rías”, explicou os obxectivos e contidos desta iniciativa da Confraría de Pescadores “San Martiño” de Bueu. Por último, a vicepresidenta de “Mardelira”, Josefa Fernández Sestayo, expuxo a finalidade e as actividades que compoñen este proxecto impulsado pola Confraría de Pescadores de Lira.
Tras a intervención dos poñentes no foro de experiencias, abriuse un coloquio no que se debatiron os temas abordados ao longo do seminario. E xa para finalizar a xornada, celebrouse un obradoiro de cata de produtos da pesca artesanal.
O I Ciclo de Seminarios de Participación Cidadá componse, ademais, doutras dúas conferencias, a primeira das cales xa se celebrou o pasado 31 de xullo en O Pindo, e se centrou no “Patrimonio marítimo local: Extratexias e experiencias de conservación e valorización”. A terceira e última edición deste ciclo celebrarase en Fisterra o próximo 26 de setembro e abordará as “Iniciativas do sector pesqueiro: Claves para afrontar con éxito un proxecto europeo”.
Posta en valor do patrimonio pesqueiro e dos profesionais do mar
A asociación “O Mar da Fin da Terra” naceu a comezos do 2006 por iniciativa das confrarías de pescadores de Lira, Muros, O Pindo, Laxe e Fisterra co fin de impulsar a revitalización e diversificación das actividades pesqueiras, así como poñer en valor o patrimonio natural e cultural da zona e da profesión de pescador. Nesta liña de actuación, a asociación promove o proxecto “Posta en valor do patrimonio pesqueiro na Costa da Morte”, no que está a colaborar o departamento que dirixe Carmen Gallego.
Esta iniciativa estase a desenvolver ao amparo da Orde do 6 de marzo de 2007 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de concesión de axudas para proxectos de promoción sociocultural. En base a esta orde, os proxectos deben ter finalidade formativa, turística, ambiental, cultural e social ou de recuperación de valores ou tradicións e poden ser promovidos, entre outros, por confrarías de pescadores e as súas federacións; organizacións de produtores pesqueiros; asociacións de mariscadores ou outros profesionais do sector; fundacións, agrupacións ou institucións sen ánimo de lucro que realicen a súa actividade en Galicia.
Entre as actividades que se están a levar a cabo para a posta en valor do patrimonio pesqueiro da Costa da Morte atópanse, ademais da organización destes seminarios técnicos, o deseño e implantación dunha páxina web que permita expor todas as iniciativas que os pósitos da asociación “O Mar da Fin da Terra” están realizando. Ademais, estase a traballar na elaboración dun inventario do patrimonio material e inmaterial da zona para mellorar os recursos dispoñibles.
Con estas actividades preténdese, como obxectivo último, acadar unha pesca responsable e asegurar un futuro de benestar económico, así como a dignidade social dos profesionais do mar.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia