A FGB recolle a historia do baloncesto en Galicia nunha publicación
A Federación Galega de Baloncesto no presente ano, no que celebra o seu 25 aniversario, achegará a todos os galegos a historia deste deporte na nosa Comunidade.
Grazas a un importante proxecto editorial, e da man da empresa Teófilo Comunicación, a Federación Galega de Baloncesto presentará, nos vindeiros meses, unha publicación na que se repasará, en imaxes, a historia do baloncesto en Galicia.
Máis de catrocentas páxinas, en formato de 30 x 30 cm e coas mellores calidades editoriais, recollerán un elevado número de instantáneas nas que se verán representados todos os estamentos deste deporte: clubs, xogadores, directivos e afeccionados.
Así mesmo, diferentes personalidades de grande trascendencia para este deporte na nosa comunidade aportarán, a través das súas verbas, a súas experiencias ao longo do tempo.

Federación Gallega de Baloncesto