Skip to main content

Lugo acolle a I Festa do Automobilismo

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou a 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing que se vai celebrar en Lugo os días 29 e 30 de novembro. No acto de presentación destas xornadas de festa para o automobilismo lucense acompañaron ao vicepresidente da Deputación o deputado responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, a representante da Escudería Miño, Maite Fernández, e os pilotos Pedro Burgo, Serxio Vallejo e Luis Vilariño. Antón Bao sinalou, durante a súa intervención, o compromiso da vicepresidencia de Deputación co deporte do motor, deporte que na provincia lucense e na cidade teñen forte raigame, contando con numerosas participantes e afeccionados/as.

A área de Deportes a Deputación patrocinará estas xornadas que levan por nome 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing, que estarán organizadas pola Escudería Miño-Lugo, e que se celebrarán os días 29 e 30 de novembro nas instalacións do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo e o Parque Pechado para os vehículas situarase no exterior do recinto. Esta proba estará aberta a todas as escuderías da provincia de Lugo e a todos os seus pilotos, nas diferentes especialidades de Karts, Slalom, Montaña e Rallyes. O número total de vehículos participantes superará os 80 entre coches e karts. As exhibicións efectuaranse no circuíto montado, especialmente para esta ocasión, nos dous pavillóns de dita Feira, nos dous pavillóns da Feira, haberá instaladas gradas para os aficionados que desexen ver o espectáculo, cun aforo limitado a 2.000 persoas.

O vicepresidente da Deputación resaltou que estas xornadas a redor do deporte do motor teñen tres obxectivos fundamentais “por unha parte a formación e información para os pilotos e todos aqueles que se achegan ao mundo do automobilismo, en segundo lugar incidir nos aspectos relaionados coa seguridade ao volante e, en terceiro lugar, unha parte lúdico-festiva na que todos disfrutaremos coas espectaculares demostracións dos pilotos participantes”.

Despois de recoñecer os éxitos acadados polo campión e subcampión galegos (grupo N) Pedro Burgo e Luis Vilariño, Antón Bao felicitou especialmente a Serxio Vallejo que nesta fin de semana alzouse, en Madrid, como gañador do campionato de España na categoría GT e como subcampión de España absoluto. O vicepresidente, Antón Bao, entregoulle a Serxio e a Diego Vallejo un agasallo en nome da Deputación de Lugo como lembranza desta institución, a estes dou lucenses, polos éxitos acadados nesta tempada na que estiveron competindo no máis alto nivel do automovilismo estatal.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SABADO, DIA 29:

10,00 horas, Parque pechado de exposición pra todos os coches participantes.
11,00 horas, Inauguración da Festa do Automovilismo e visita ao Parque Pechado.
11,30 horas, Coloquio co título "Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro".
Participan: Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral,
Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta.
17,00 horas, Presentación aos participantes e M.C.S. do Proxecto "Volante Xoven".
18,00 horas, Exhibición dos pilotos Pedro Burgo, Sergio Vallejo, José Alonso e Luis Vilariño.
Demostración técnicas de conducción por parte de Isaac Fernández, da escola PTC.
Presentación dos pilotos lucenses participantes na festa.
Demostración de Karts lucenses.

DOMINGO 30:

12,30 horas, Volta a Muralla de Lugo que remata na Praza de Santa María coa exposición de todos os coches participantes.
Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo)