Skip to main content

Clausura do Belén Electrónico de Begonte e entrega de premios dos certames culturais

Foi clausurada a XXXVII edición do Belén electrónico de Begonte e foron entregados os premios dos certames convocados con este motivo polo Centro cultural begontino. No acto, que foi presidido polo Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez García comezou cunhas palabras do presidente do Centro cultural, Jesús Domínguez Guizán para dar paso á entrega dos premios dos certames, que foron recollidos polos autores dos traballos. Foron premiados:

XXXIII CERTAME DE XORNALISMO

Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, a XESÚS MATO MATO polo seu traballo titulado O BELÉN DE BEGONTE: GALEGO/CHAIREGO…E UNIVERSAL, publicado en www.galiciadigital.com.
Segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, ó artigo PALMIRA DE OUROL, de RAMÓN EIJO BALSEIRO, publicado en El Progreso (A Chaira) e La Voz de Galicia.
Mención de Honra dotada con estatuíña de Sargadelos a JOSÉ REINALDO POL GARCÍA (PEPE POL), polos traballos publicados en “Amencer”, “O Sil” e “A Palloza” de Badalona.

XIX CERTAME GALEGO DE ARTE

Premio JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos a MANUEL ÁNGEL CARREIRA VARELA, de Regueira-Pastoriza, pola súa obra “Coa música a outra parte”.
Cadansúa MENCIÓN DE HONRA pola calidade dos seus traballos a: ALFREDO SEIXAS, de Lugo, pola súa obra “Paisaxe urbán II” e LUCÍA GONZÁLEZ GÓMEZ de Begonte, pola súa obra “O taberneiro”.

XXXIII CERTAME DE POESÍA SOBRE O NADAL

Premio Begonte de Poesía, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ó poema “CHEGOU NA LUZ DA XEOMETRÍA TENRA DA NOITE”, do que é autor XOSÉ OTERO CANTO, veciño de Lugo.
Segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ó poema “CON LOS OJOS EN EL NIÑO DE BELÉN”, presentado baixo o lema “Niño mio” por LÁZARO DOMÍNGUEZ GALLEGO, de Ferrol.
XXXIII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL.

Categoría A (Ata 10 anos)

Primeiros premios (60€ e trofeo):
CLARA MANIN LÓPEZ. 6 anos. Colexio Foz nº 1
NURIA MEIJIDE MÉNDEZ. 9 anos. Colexio Foz nº 1
PABLO VIVERO FERNANDEZ. 7 anos. Foz nº 1
Segundos premios(30€ e trofeo):
PAULA BARREIRO RODRÍGUEZ. 7 anos. Colexio S. José
MARIA JESÚS TRASTOY CAMBA. 7 anos. Colexio Monseivane
HUGO CASTIÑEIRA GRAÑA. 8 anos. Colexio de Begonte
AROA IGLESIAS DIAZ. 7 anos. Colexio S. Miguel de Reinante
PAULA MARTINEZ CID. 6 anos. Colexio S. Miguel de Reinante

Categoría B (11 a 15 anos)

Primeiros premios (60€ e trofeo):
LUCÍA DÍAZ MÉNDEZ. 11 anos. Colexio de Begonte
ALBA RECALDE LÓPEZ. 12 años. Colexio de Vilanova de Lourenzá
JAVIER RAMOS FREIRE. Colexio de San Miguel de Reinanete
Segundos premios (30€ e trofeo):
ROCÍO PARAPAR COELLO. 13 anos. Instituto Vilar Ponte-Viveiro
ROCÍO SUÁREZ DIÉGUEZ. 11 anos. Colexio de Begonte
SOFÍA IGLESIAS REDONDO. 11 anos. Colexio de Begonte
MARTA REIGOSA FERNÁNDEZ. 11 anos. Col. de Vilanova de L.
NAZARET BARROSO CABALEIRO. 13 anos. Col. Vilanova de L.

Os premios foron entregados por José Antonio Vázquez García (alcalde), Marcial José González Vigo, Manuel Gulín Rodríguez, José Rodríguez Varela, Sinesio Pérez (da Fundación Caixa Galicia), Manuel Castro Gay e Jesús Domínguez Guizán.

Con este motivo, actuou a Polifónica Vilalbesa dirixida por Uxío García Amor, que ofreceu un recital de panxoliñas en galego e castelán e recibiu unha pomba de paz de Sargadelos como agasallo e lembranza desta xornada.

Pechou os actos desta tempada do Nadal na que o Belén foi visitado por máis de 40.000 persoas, o Alcalde que destacou o papel do Belén na consecución de que Begonte sexa a capital do Nadal en Galicia. “Estou orgulloso e satisfeito –sinalou - do labor deste Centro, e da implicación do Concello nestas actividades, prometendo que esta implicación vai ser cada vez maior, e moi axiña comezaremos a traballar de cara á próxima tempada do Nadal de xeito que poidamos amplificar e potenciar o labor que aquí se fai e conseguir que o Belén de Begonte, faro do Nadal na Terra Chá, incida de xeito aínda máis directo en todo Galicia.” Lembrou que este ano, no pregón do Nadal, estiveron presentes dez alcaldes da Terra Chá, invitados pola Alcaldía, nun primeiro achegamento para conseguir que o Belén sexa un dos vencellos de unión entre os concellos da Chaira, de xeito que non só sexa este Centro cultural o anfitrión que acolle ós milleiros de visitantes que aquí chegan senón que todo o territorio de Begonte, todo o concello, sexa o anfitrión colectivo, sentindo o que aquí se sinte, apoiando o que aquí se fai e se celebra, recollendo e amplificando esta obra senlleira.

Agradeceu a presencia do numeroso público asisntente e a colaboración da Coral Polifónica de Vilalba, anunciando a inmediato comezo dos traballos entre o Centro e o Concello para que a próxima tempada do Nadal sexa aínda mellor que a que agora rematou. Felicitou ós gañadores dos certames convocados por este centro cultural nos que o Concello colabora, e agradeceu o traballo dos xurados e de todas as persoas que fan posible o Belén e as súas actividades cunha espécial mención a José Rodríguez Varela –Joselín- artífice do Belén desde “aquel lonxano 1972 en que aqui comezou este milagro técnico e social, desexando que o seu labor continúe por ben do Belén e de todos nós”.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias
X.X.