O Colexio de Xornalistas reclama xustiza no aniversario da morte de Couso
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reclama, seis anos despois do falecemento de José Couso, que se faga xustiza e que os responsables do ataque ao Hotel Palestina comparezan ante os xulgados para que a morte do cámara galego de Telecinco non quede impune. Jos Couso faleceu o 8 de abril de 2003 cando o hotel de Bagdad que acollía á prensa internacional que cubría a guerra de Irak recibiu o disparo dun tanque do exército dos Estados Unidos. Canda el, tamén morreu o xornalista ucraíno Taras Protsyuk, da axencia Reuters.
A loita xudicial para que os responsables da morte de Couso comparezan ante a Xustiza comezou o 29 de maio de 2003 cando se presentou na Audiencia Nacional a querela contra militares estadounidenses. Hoxe, o caso segue aberto despois de que en maio do ano pasado o xuíz de instrucción dese mesmo tribunal Santiago Pedraz decidise continuar adiante coas investigacións. Están pendentes as declaracións dos ex ministros Ana Palacios e Federico Trillo, segundo informou a familia.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol farán público o 16 de abril o nome do gañador da quinta edición do Premio José Couso liberdade de prensa. Nesta edición os candidatos son Rosa María Calaf, Jos Cendón, Denis Robert, Roberto Saviano e a comunidade xornalística do edificio da EiTB.
Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)