O actor Eduardo Fajardo, fillo predilecto de Meis
A Semana de Cine de Lugo de 2009 homenaxeou a Eduardo Fajardo, nacido en Meis (Pontevedra) en 1924, coa publicación do libro "Eduardo Fajardo, o vilán do cine español". Eduardo, que sempre se eintiu galego, nunca tivera contacto algún con Meis, e en Meis ignoraban a súa procedencia.
A raiz da Semana de Cine, á que invitamos á unha embaixada do Concello de Meis, tomaron conciencia da súa orixe e galeguidade, pedíronnos todo tipo de información e, por fin, declarárono FILLO PREDILECTO DO CONCELLO DE MEIS.
A entrega efectuarase no decurso dun acto que se celebrou o mércores, 7 de xullo, na capitalidade de Meis (Mosteiro).
Acudiron por Fonmiñá Manuel Curiel Fernández, Director da Semana de Cine; Carlos Rodríguez Arias, vocal de Imaxe, e Xulio Xiz, como Presidente. Tamén se inaugurou en Meis a exposición sobre vida e obra de Eduardo Fajardo, que se ofreceu en Lugo, na Deputación Provincial, na pasada semana de cine.
Fonmiñá interveu no decurso dos actos para informar da xénese da homenaxe que lle fixeron en Lugo, e do seu vencello con Galicia.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá