Presentado el proyecto de la nueva Área Sanitaria de Pontevedra Norte. El 100% de las habitaciones de oncología del nuevo hospital serán individuales
El presidente de la Xunta de Galicia presentó el proyecto de la nueva Área Sanitaria de Pontevedra Norte ennmarcada en un conjunto de actuaciones que prevén, también, la recuperación de la Gerencia de Atención Primaria para la ciudad. Pretende dar cobertura sanitaria a 222.000 vecinos de 21 ayuntamientos de la zona norte de la provincia, y será referencia para otros 73.000 habitantes de otros seis municipios.
El plan funcional del Nuevo Hospital de Pontevedra pretende centralizar el servicio hospitalario de la ciudad en un único edificio que integrará los actuales Hospital Provincia y Hospital de Montecelo, con el fin de garantizar una atención óptima a los ciudadanos para lo que se invertirán 70 millones de euros.
La nueva infraestructura hospitalaria dispondrá de áreas médica, de salud mental, de críticos, materno-infantil, cirugía y servicios centrales. Ofrecerá un total de 605 camas de hospitalización convencional, 118 camas en hospital de día y otras 18 para Unidades de Reanimación Postanestésica, así como un total de 179 locales para consultas externas y laboratorios unificados con una unidad de radiología integrada por dos mamógrafos, dos TAC, dos resonancias magnéticas, una sala de vascular, tres telemandos, dos tórax y ocho salas de Rayos X y de tórax.
Entre los principales valores del nuevo hospital destaca la oferta individualizada del 100% de habitaciones de Oncología, mientras que el 38% de las habitaciones de Pediatría también contarán con una sola cama. En cifras globales, el 30% de las habitaciones ofertadas en el nuevo hospital serán individuales procurando mejorar la humanización del centro hospitalario.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou o inicio “inminente” dos traballos para crear a Área Sanitaria de Pontevedra Norte, recuperando a xerencia de Atención Primaria para Pontevedra. Asemade, adiantou que o Plan Funcional do Salnés se adxudicará no primeiro trimestre de 2007.
Así o destacou o máximo mandatario galego durante a presentación do novo plan funcional do Hospital de Pontevedra, onde estivo acompañado pola titular de Sanidade, María José Rubio Vidal. Na súa intervención, o presidente da Xunta reafirmou o “compromiso permanente” do seu Goberno cun sistema sanitario público de calidade, pois este constitúe “un dereito irrenunciable da cidadanía”. O presidente galego destacou que o seu goberno está plenamente comprometido coa sustentabilidade a medio e longo prazo do sistema sanitario público galego e coa súa mellora radical cada día.
A este respecto, salientou que no tempo que leva á fronte das tarefas de Goberno saneouse o défice que arrastraba a sanidade pública en 325 millóns de euros. Así lembrou que isto foi posible grazas aos mecanismos de financiamento adicionais postos en marcha logo dos acordos acadados na II Conferencia de Presidentes.
Pérez Touriño sinalou que nestes quince meses de Goberno se dedicaron recursos “inxentes” e “moi potentes” á sanidade galega. Así, incidiu en que nestes dous últimos exercicios orzamentarios se destinaron uns recursos adicionais de 841 millóns de euros, o que significa que nese tempo se superou o esforzo adicional realizado nos cinco anos anteriores. Estes 841 millóns de euros supoñen un incremento do 22 por cento do esforzo orzamentario en sanidade.
Ademais, Touriño fixo fincapé nos relevantes recursos destinados a incrementar o capital humano e lembrou que, neste tempo, se mobilizaron máis de 1.800 prazas adicionais no sistema sanitario, o que supón superar o esforzo acumulado nos 5 anos anteriores. Paralelamente, o presidente da Xunta comprometeuse a seguir facendo este mesmo esforzo dado que o Goberno que preside aposta pola calidade no emprego e por reducir a precariedade tamén no ámbito sanitario.
O presidente da Xunta remarcou que as melloras no ámbito sanitario tamén atinxen á carteira dos servizos ofertados á cidadanía. A este respecto lembrou os esforzos realizados para estender a aplicación da anestesia epidural, a asistencia bucodental gratuíta a menores ou a pílula postcoital, todo elo co obxectivo de reducir o défice que existía en asistencia primaria. Nesta liña, quixo destacar un “programa moi querido pola cidadanía” como é o Plan de Redución das Listas de Espera. Pérez Touriño afirmou que o seu Goberno herdou unha “situación complicada” cunha media de espera de 137 días que, coa aplicación do Plan, se agarda reducir a final de ano ata os 95 días.
Nesa mesma liña de esforzo e ampliación dos servizos incidiu en que o Goberno que preside puxo tamén en marcha plans especiais para atender campos nos que se detectaron défices como o da saúde mental ou a atención integral ás mulleres e adiantou que o ano que vén verá a luz a nova Lei de Sanidade de Galicia.
Respecto do plan funcional presentado, o presidente da Xunta destacou que “é un bo exemplo da vocación inquebrantable” do seu Goberno por mellorar a situación sanitaria na provincia de Pontevedra, da que dixo amosaba “un défice comparativo con respecto a outras zonas de Galicia”. Segundo indicou, a partir de hoxe “nace o grande hospital que a cidade de Pontevedra necesita e demanda” e que permitirá mellorar “a fondo” os servizos que se ofertan á cidadanía. Neste sentido, Touriño comprometeuse a darlle a máxima celeridade á aplicación do plan para que o hospital sexa unha realidade canto antes.
Pérez Touriño destacou que o plan funcional supón un salto cualitativo para a toda a provincia dado que de xeito inminente se porá en marcha a área sanitaria de Pontevedra norte e a xerencia de Asistencia Primaria na cidade, que atenderá a unha poboación potencial de 360.000 persoas. O xefe do Executivo galego destacou, así mesmo, que a área de Asistencia Primaria que constituían Vigo e Pontevedra queda desagregada debido a que era a área máis grande de toda España e, deste xeito, potenciase a súa operatividade.
Finalmente, o máximo mandatario galego eloxiou a colaboración recibida por parte do Concello de Pontevedra e de todos os profesionais sanitarios pola súa participación no deseño deste plan.
A futura xerencia de Atención Primaria de Pontevedra integrada na Area Sanitaria de Pontevedra Norte anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, terá unha poboación asignada de 368.470 habitantes, residentes en 36 concellos do norte da provincia, nos que hai un total de 49 centros de saúde e 11 consultorios periféricos.
A actual xerencia de Atención Primaria de Pontevedra–Vigo atende a un total de 941.389 tarxetas sanitarias, o que a converte na xerencia de primaria con maior poboación de toda España.
Unha vez aprobada a recuperación da Xerencia Atención Primaria de Pontevedra, esta pasará a ter un total de 368.470 habitantes, de 36 concellos (Vila de Cruces, A Golada, A Estrada, Silleda, Lalín, Rodeiro, Pontecesures, Valga, Forcarei, Dozón, Catoira, Cuntis, Cerdedo, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Portas, Moraña, Campo Lameiro, Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Barro, Cotobade, O Grove, Meaño, Poio, Pontevedra, Pontecaldelas, A Lama, Marín, Vilaboa, Soutomaior e Bueu).
Nestes concellos hai un total de 49 centros de saúde e 11 consultorios periféricos, o que supón, que a xerencia atende a 60 centros asistenciais.
Destes concellos, os de Lalín, Vila de Cruces, Silleda, A Golada, Dozón, Rodeiro, A Estrada, Pontecesures e Valga, teñen como hospital de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; mentres que os de Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Ribadumia, teñen a súa referencia hospitalaria no Hospital do Salnés. O resto dos concellos, son atendidos polo Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Pola súa banda, os outros 27 concellos da provincia de Pontevedra quedarán adscritos á Xerencia de Atención Primaria de Vigo, cun total de 571.488 habitantes. Nestes municipios hai un total de 45 centros de saúde e 11 consultorio periféricos. A súa poboación repártese actualmente entre o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e o centro concertado Povisa.
A Consellería de Sanidade xa anunciou que unha vez entre en servizo o novo hospital de Vigo, toda a poboación destes 27 concellos pasará a ter o novo centro como hospital de referencia.

R.