Skip to main content

Galicia cuenta con su primer Plan de Seguridad Viaria que supone una inversión de 2.800 millones de euros en tres años

La Dirección General de Tráfico ha puesto en marcha un «grupo de sabios» para revisar el proceso sancionador, con el objetivo de acelerar el pago de las multas derivadas las infracciones de tráfico, según ha afirmado el director general de Tráfico, Pere Navarro, que ha particiado en la presentación del Plan de Seguridad Vial de Galicia. El director de la DGT asegura que es preciso «abreviar» el sistema, ya que, las empresas que se dedican a recurrir multas, por ejemplo, no se cuestionan la infracción, sino el procedimiento de notificación. Además, y a modo de reflexión, Navarro ha citado el modelo portugués, según el cual un conductor debe pagar en el instante de cometer una infracción y, si no lo hace, se le retira el permiso de conducir y se le extiende un permiso provisional con una validez de quince días. «Y funciona», aseveró.

Además ha advertido sobre el uso del navegador en los automóviles, ya que la DGT «por ahora» recomienda utilizarlo siempre que el vehículo esté parado, pero si pasado un tiempo se detecta que los conductores ignoran esta «recomendación» el organismo de Tráfico podría «prohibir» su manipulación con el vehículo en marcha, al igual que ocurre con la telefonía móvil, dijo.

Sobre el Plan de Seguridad Vial de Galicia, el director general de Tráfico anunció que la DGT lo utilizará como «referencia» en otras comunidades autónomas, entre las que citó Valencia, Baleares y Madrid, ya que el plan gallego contribuye a «llenar un vacío» en España en materia de seguridad vial. Según Navarro, el primer nivel de seguridad vial es el plan de la UE, con unos objetivos claros, reducir la víctimas a la mitad hasta el año 2010, el segundo nivel es el plan estatal y después vendrían los planes autonómicos, «en los que hay un vacío que el plan gallego contribuye a llenar», y los municipales. Sobre estos últimos, el responsable de Tráfico anuncia que en febrero se presentará el «plan tipo» para las entidades locales.

El plan gallego tiene como objetivo reducir un 40 % las muertes por esta causa hasta el año 2010, objetivo para el que la administración gallega invertirá 2.800 millones de euros en diferentes medidas. La conselleira de Política Territorial, María José Caride, que estuvo acompañada de las responsables de Educación, Laura Sánchez Piñón, y de Sanidad, María José Rubio, explicó que la Xunta pretende eliminar 86 puntos negros, hasta 2010, aumentar las variantes en los núcleos de población y triplicar la vías de alta capacidad, entre otras.

Tanto Rubio como Sánchez Piñón destacaron, a su vez, la importancia de la atención «in situ» a los accidentados y posterior, a las víctimas y a sus familiares, así como el papel fundamental de la educación «en valores» para modificar la tendencia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Política Territorial, Obras Públias e Transportes, María José Caride, presentou o primeiro Plan de Seguridade Viaria co que conta Galicia e no que se abordan dende unha perspectiva integral as medidas que hai que por en marcha para atallar o número e o alcance dos accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas da Comunidade Autónoma. A aplicación destas medidas suporá un investimento mínimo de 2.800 millóns de euros para o período 2006-2010 e implicará a tódalas Consellerías da Xunta.

A presentación ao público do Plan, logo de ser exposto ante o Parlamento de Galicia e de ser aprobado polo Consello da Xunta, contou coa presenza de representantes de moi diversos colectivos que traballan en Galicia a prol da mellora da seguridade viaria como son as asociacións de vítimas, motoristas, membros das forzas e corpos de seguridade, responsables políticos de diversas administracións ou xornalistas especializados, entre un largo etcétera. No acto interviron tamén, xunto á titular da CPTOPT, o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, así como as titulares das Consellerías de Sanidade, María José Rubio, e Educación, Laura Sánchez Piñón.

O Plan debullado hoxe por María José Caride responde ao compromiso asumido polo Goberno galego e que segue as directrices da Unión Europea en materia de seguridade viaria. Ten un carácter marcadamente multidisciplinar e na súa elaboración, ademais de Política Territorial, participaron o resto das Consellerías, as Administracións Central e Municipal e diversos colectivos sociais relacionados con esta problemática. O documento final elaborado pola CPTOPT contempla un total de 74 medidas concretas a desenvolver no período 2006-2010 partindo de tres factores clave como son a infraestrutura, o vehículo e o usuario. Cada medida a por en marcha correspóndense con cada unha das liñas estratéxicas previamente definidas no Plan e que son: Mellora da seguridade das infraestruturas, fomento do transporte público, fomento de condutas máis responsables, potenciación da educación e formación viaria, mellora da seguridade do vehículo, impulso á formación viaria laboral, apoio á investigación en seguridade viaria e mellora da atención post-accidente.

O Plan responde ao obxectivo da Xunta de Galicia de que cada unha das Consellerías integre a seguridade viaria nas súas liñas de actuación, xa que os logros que se acaden neste eido serán froito dunha suma de esforzos tanto das Administracións como da cidadanía.

O departamento con maior peso na aplicación do plan é a propia Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que porá en marcha nos vindeiros cinco anos preto de 40 iniciativas concretas centradas no desenvolvemento do programa de estradas (construción de Vías de Alta Capacidade e Variantes de poboación, eliminación de Treitos de Concentración de Accidentes, mellora e conservación de estradas,...), no fomento do transporte público (Plans de transporte metropolitano, Noitebús, mellora dos servizos ferroviarios,...), na potenciación da educación viaria e da formación específica para profesionais do transporte e na mellora da seguridade tanto dos vehículos como dos peóns, potenciando neste último caso as sendas peonís. Ademais, elaborarase un estudo para determinar os tramos nos que se concentra un maior número de accidentes de motoristas e así mellorar os sistemas de contención das estradas para adaptalos ás necesidades deste tipo de usuarios.

A Consellería de Sanidade, pola súa banda, participa no Plan de Seguridade Viaria cunha ducia de iniciativas relacionadas coa concienciación de mozos e adultos, coa mellora da atención postaccidente (coordinación de efectivos, formación dos profesionais do sector, axuda psicolóxica ás vítimas,...) e co fomento da investigación na área sanitaria.

O departamento de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza centrará as súas actuacións no desenvolvemento de plans de formación viaria laboral, mellora da seguridade no vehículo e investigación en seguridade viaria entre outros.

A mellora da seguridade dos vehículos e o apoio á investigación tamén centran as actuacións que serán competencia da Consellería de Innovación e Industria e que contempla, concretamente, iniciativas como a implantación do tacógrafo dixital e a implantación da ITV para ciclomotores.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria manterá a súa colaboración na liña estratéxica específica que fai referencia á potenciación da educación e formación viaria. Neste senso, efectuará campañas de educación dirixida a estudantes, adultos e profesores, entre outros.

Pola súa banda, as actuacións de Medio Rural irán encamiñadas á formación no eido dos profesionais do campo e á mellora das condicións de seguridade dos vehículos agrícolas. Vicepresidencia da Xunta actuará no fomento de condutas máis responsables con plans de concienciación da mocidade e de formación viaria. A Consellería de Vivenda e Solo tamén intervirá na mellora das infraestruturas no que se refire á seguridade en parques industriais e empresariais.

Doutra banda, Traballo intervén no fomento de condutas responsables entre os profesionais do transporte, ao igual que a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en plans de concienciación dos profesionais relacionados co sector pesqueiro.

No período 1981-2005 en Galicia contabilizáronse un total de 129.489 accidentes con vítimas e rexistráronse 12.214 mortes, o que implica unha media de 488 mortos cada ano nas estradas galegas e 41 vítimas mortais ao mes. Ante estes datos, o Plan persegue unha serie de obxectivos cuantificables como son a redución nun 40 por cento do número de falecidos por millón de habitantes, do número total de falecidos, do número de feridos graves, do número de accidentes con vítimas e do número de peóns de máis de 65 anos falecidos polos atropelos.

A metodoloxía de traballo para a elaboración do Plan Galego de Seguridade Viaria tivo como punto de partida a análise exhaustiva destas cifras, dos antecedentes e da evolución dos accidentes en Galicia. Posteriormente identificáronse os problemas que existen e deseñáronse accións para atallar cada problema concreto. Estas actuacións que o Plan recolle de xeito pormenorizado van acompañadas dunha dotación orzamentaria para o seu desenvolvemento e dun obxectivo a acadar.

A partires de agora, efectuarase un control periódico dos resultados dos programas que se poñan en marcha. Ademais, isto permitirá corrixir aquelas accións que non respondan ás expectativas iniciais, así como potenciar aqueles campos nos que se están a obter os resultados esperados.
R.