Skip to main content

Un homenaje al actor gallego Eduardo Fajardo abre la XXXI Semana de Cine de Autor de Lugo

Nota de prensa remitida por el Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá:

A homenaxe ó actor galego Eduardo Fajardo, abríu a XXXI Semana de Cine de Lugo, que ata o próximo sábado ofrecerá máis de medio cento de películas a un público entregado que conta con que setembro é un mes cinematográfico para a capital da provincia lucense.

No acto inaugural interviñeron o Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco; o Secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; e o vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Bao, xunto co Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, e o actor homenaxeado, Eduardo Fajardo, que agradeceu a distinción que se lle facía na súa terra. Así mesmo tomaron parte na cerimonia inaugural, o Xefe territorial de Cultura e Turismo, José Carlos Rodríguez Andina; o director en Lugo da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez; o Presidente do Colexio de Arquitectos, Alberte González; e o Director da Semana de Cine, Manuel Curiel.

O Secretario Xeral de Medios entregou ó lucense José Portas García o premio de 1.000€ e trofeo, como gañador do Certame para seleccionar o cartel anunciador da Semana de Cine. E o Alcalde de Lugo, no nome da Semana de Cine e da Cidade entregoulle a Eduardo Fajardo un gran prato de Sargadelos (é un coleccionista de pratos) que reflicte a Praza do Campo da capital lucense, cunha placa que proclama: “La XXXI Semana de Cine de Lugo, al gallego Eduardo Fajardo, el gran villano del cine español”.

A Semana de cine de Lugo homenaxea ó Club Emevé

A XXXI Semana de Cine de Lugo que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, rendeu homenaxe ó club de voleibol Emevé na persoa do seu presidente José Francisco Bouza, que recibiu unha placa no nome dos cinéfilos lucense proclamando que “todos somos Emevé”.

Fonmiñá incluiu na programación da semana a película “La vida sin Grace”, para lembrar a Aída Cela, Iris Arias e Patricia Xavier, as tres xogadores do club lucense que perderon a vida hai uns meses nun desgraciado accidente de circulación cando regresaban a Lugo despois dunha importante victoria deportiva.

No acto de homenaxe, que se celebrou inmediatamente antes da proxección no Auditorio Gustavo Freire participaron o Alcalde da cidade, Xosé Clemente López Orozco e o Concelleiro de deportes, Jose Manuel Díaz Grandío; o Xefe territorial de Cultura e turismo da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o xefe provincial do Servizo de Deportes, José Manuel Rozas, e o concelleiro Enrique Rozas, do grupo municipal Popular. Enviou a súa adhesión o Deputado de Deporte e Cultura da corporación provincial, Antón Veiga.

O Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, ofreceu a homenaxe en nome de todos os cinéfilos e de todos os lucenses, entregando a distinción o alcalde da Cidade. Por parte do Emevé estiveron presentes membros da directiva, xogadores e familiares, así como numerosos simpatizantes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo:

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, inaugurou a exposición da XXXI Semana Internacional de Cine de Autor da cidade que este ano se centra na figura do actor galego Eduardo Martínez Fajardo. Ademais do homenaxeado, no acto que tivo lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, tamén estiveron presentes o presidente e mais o directivo do Grupo Fonmiñá, Xulio Xiz e Manuel Curiel, respectivamente, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. A mostra, composta por máis de corenta reproducións dos carteis dos filmes nos que o actor galego participou ao longo da súa traxectoria profesional e unha ducia de fotografías de gran formato, poderase visitar nas instalacións da Deputación de Lugo ata o 7 de outubro.

Na súa intervención, Antón Bao salientou a importancia de “recuperar para a historia máis recente do cinema galego e lucense” a figura dun actor nado en Galiza que, con esforzo e traballo, conseguiu facerse un oco no panorama mundial. Alén disto, o vicepresidente da Deputación citou a Eduardo Fajardo coma “un referente da cultura cinematográfica galega dos últimos 50 anos”. A Semana Internacional de Cine de Autor e as mostras que cada ano presenta vinculadas co país e coas comarcas lucenses servirán de impulso para promover e potenciar esta arte, asegurou o nacionalista.

Xa de xeito informal, e coincidindo coas palabras do presidente do Grupo Fonmiñá, Xulio Xiz, durante o acto de inauguración da mostra, o vicepresidente da Deputación lembrou que “grazas a un intenso traballo, cada setembro a Semana Internacional de Cine de Autor eríxese como unha cita imprescindible para os cinéfilos que queren mergullarse de cheo no mundo do cinema e tamén homenaxear aos lucenses vencellados ao sétima arte”. Por este motivo, a través da Área de Cultura, a Deputación decidiuse dar todo o apoio necesario para que a esta edición fose unha mostra de calidade que puidese chegar a todas e todos os lucenses. Nesta liña, Antón Bao destacou que, por primeira vez e grazas ao apoio desta institución, algúns dos filmes da programación serán proxectados logo da semana de cine noutros concellos e localidades lucenses.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
R.