Skip to main content

La Xunta de Galicia crea los Premios da Cultura Galega estableciendo siete disciplinas

El Diario Oficial de Galicia publica la orden de creación de los Premios da Cultura Galega, que establecen siete disciplinas de reconocimiento del trabajo artístico gallego, y establece su convocatoria para este año 2010. En concreto, la Consellería de Cultura premiará el trabajo de los artistas gallegos en las disciplinas de letras, artes plásticas, artes escénicas, iniciativas en favor del patrimonio cultural, promoción cultural de Galicia, música y creación audiovisual.

Cultura convoca estos galardones para "distinguir a las personas e instituciones que trabajan en los distintos ámbitos de creación, conservación y revalorización del patrimonio" y de "actualización y difusión del capital intelectual" dentro o fuera de Galicia. "Cada vez aparece con mayor fuerza nuestra plástica, nuestra escrita, nuestra música, nuestra producción escénica o nuestras artes narrativas virtuales en el plano internacional", ha señalado el departamento autonómico, que ha resaltado además el "valiosísimo patrimonio cultural" gallego.

El jurado para este año 2010 estará formado por un máximo de 12 miembros presididos por el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que estará acompañado por representantes del Consello da Cultura Galega, las tres universidades gallegas, la Real Academia Galega y la Real Academia Galega de Belas Artes, entre otros. Se concederá un único premio en cada una de las siete modalidades descritas y no podrá recaer más de un premio en la misma persona. El galardón consistirá en una escultura y objeto conmemorativo realizado por un artista gallego y un diploma acreditativo. Las candidaturas podrán ser presentadas por las instituciones y entidades culturales, relacionadas con el objeto de cada premio, sin que los candidatos puedan postularse a si mismos.

Nota de prensa remitida por la Xunta de Galicia:

O Diario Oficial de Galicia publica a orde de creación dos Premios da Cultura Galega e establece a súa convocatoria para este ano 2010. A Consellería de Cultura e Turismo premiará o traballo creativo da nosa comunidade e a súa expansión no exterior a través de sete modalidades: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

A Consellería de Cultura e Turismo crea e convoca estes galardóns por considerar necesario distinguir as persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión deste capital intelectual, na propia comunidade ou para o mundo. Cada vez aparece con meirande forza a nosa plástica, a nosa escrita, a nosa música, a nosa produción escénica ou as nosas artes narrativas virtuais no plano internacional, do mesmo xeito ca o valiosísimo patrimonio cultural co que contamos, revitalizado por particulares, técnicos e entidades públicas e privadas que se encargan de conservar e de facelo visible para o público.

O xurado para o ano 2010 estará formado por un máximo de 12 membros. O conselleiro de Cultura e Turismo será o seu presidente e desempeñarán a función de vogais o presidente do Consello da Cultura Galega (ou persoa designada), os tres reitores das universidades galegas (ou persoas designadas), o presidente da Real Academia Galega (ou persoa designada), a presidenta da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (ou persoa designada), o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura e catro profesionais de recoñecido prestixio designados pola Consellería de Cultura e Turismo. Asemade, un funcionario da Consellería de Cultura e Turismo actuará como secretario, con voz e sen voto. A designación dos membros do xurado publicarase na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo.

Concederase un único premio en cada unha das sete modalidades descritas, e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo. Poderán ser candidatos as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que se distinguisen pola súa traxectoria vinculada ao obxecto da modalidade correspondente, dacordo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia. As candidaturas poderán ser presentadas polas institucións e entidades culturais, relacionadas co obxecto de cada premio, sen que os candidatos poidan postularse a si mesmos, nun prazo de vinte días naturais contados desde hoxe. Tamén poderán propoñer candidaturas os membros do xurado previamente ás sesións de valoración.

Premio Cultura Galega das Letras

Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa. Teranse en conta, ademais das publicacións en soporte convencional, todas aquelas que utilicen a escrita como base da creación, tanto nos soportes virtuais habituais coma nos soportes experimentais que poidan desenvolver.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas

Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada ás artes plásticas galegas, que se consideren con méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer e ampliar a creación plástica galega e a súa imaxe pública. Terase en conta a obra realizada en soporte físico ou virtual, e incluiranse proxectos de especial interese creativo ou innovador que se fixesen públicos.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas

Enfocado a persoas ou entidades que desenrolen o seu traballo no campo dás artes escénicas galegas ou á traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos escénicos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas. Nesta categoría terase en conta a obra realizada en soporte físico ou virtual, e incluiranse propostas teóricas ou proxectos de especial interese creativo ou innovador, que sirvan de referencia para a evolución escénica de Galicia, e que se fixesen públicos, aínda que non chegasen a desenvolverse ou non tivesen o obxectivo de se materializaren.

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á protección, conservación e difusión da riqueza cultural galega, en calquera medio e en calquera eido de actuación. Terase en conta o labor realizado en calquera eido, e incluiranse propostas teóricas de especial interese, referidas especificamente á atención do patrimonio cultural e que se fixesen públicas, aínda que non chegasen a desenvolverse ou non tivesen o obxectivo de se materializaren inmediatamente.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia

Para aquelas persoas ou entidades con traxectoria vencellada á expansión cultural de Galicia, á promoción da nosa cultura fóra da comunidade autónoma e á súa difusión no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe de Galicia como comunidade de inmensa riqueza patrimonial, ben no que se refire a públicos de elite, ben ao público interesado na cultura, en xeral.

Premio Cultura Galega de Música

Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da música galega, dentro da comunidade ou no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe desta arte como creadora dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual

Poderán optar a este galardón as persoas ou entidades con traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da creación audiovisual galega, dentro da comunidade ou no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe destas artes como creadoras dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.


R.