Skip to main content

Noticias

  • Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. O seu principal obxectivo é servir de escaparate para a compra-venda de producións galegas de teatro e danza, para o que se convida a asistir os responsables da programación de teatros, auditorios e festivais, así como de compañías e empresas distribuidoras. Entre os acreditados este ano, atópanse profesionais chegados de toda Galicia, pero tamén doutros puntos de España.
  • A sétima edición de Galicia Escena PRO inclúe no seu programa tres espectáculos procedentes de Madrid, Cantabria e País Vasco dentro das vías de colaboración abertas tanto con MADferia como co proxecto Camiño Escena Norte. Trátase das propostas de Rotura Producciones, Café de las Artes Teatro e Hortzmuga Teatroa, que compartirán cartel cos 17 espectáculos galegos e os 10 proxectos en formato pitching seleccionados para esta nova entrega do evento. Refórzase así o programa de intercambio con outras comunidades autónomas que Galicia Escena PRO puxo en marcha en 2016 e que, ademais de presentar en Galicia unha mostra da produción escénica doutros puntos de España, facilita a incorporación de compañías galegas nos carteis dos eventos colaboradores.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollen as seis pezas desta edición, que se desenvolverá durante o mes de maio. O ciclo terá continuidade na fin de semana do 24 ao 26 de maio con outras tres pezas curtas, que se exhibirán nos mesmos horarios. No camerino, escenificarase Alicia morreu de sobredose, unha proposta de Rinoceronte Teatro creada e interpretada por Noelia Toledano.
  • Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de presentación de “NÓS, AS MULLERES”, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que congregou a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores ou xerentes. A Asociación nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico doCooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA.
  • Presentouse no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia 'Nós no mundo. A lusofonía en Galicia' e mais o 'Informe anual do IGADI 2018-2019. En rumbo de colisión'. Cmpres así o IGADI o décimo aniversario desta publicación. 'Nós no mundo' é un informe de periodicidade anual impulsado polo IGADI e centrado na acción exterior galega. Na súa edición de 2019, cando se cumpre o décimo aniversario da publicación, pon o foco na relevancia da lusofonía na acción exterior de Galicia, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e do primeiro ano de funcionamento da Estratexia Galega de Acción Exterior.
  • Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine presentou a oitava edición do certame, que se celebrará do 30 de abril ao 5 de maio, aínda que as actividades previas deron comezo o pasado 22 de abril con Viva Cuba, unha retrospectiva do cinema cubano organizado con motivo do 60º Aniversario da Revolución e que se estenderá ata este xoves. Así, na presentación oficial do certame, Juan de Castro comenta que “esta semana aínda quedan dúas actividades polas que apostamos moito no festival, Cinema nos Barrios, o venres en Navia e o sábado no Casco Vello Alto e Cine Miúdo, un evento ao que acudirán 800 cativos a visualizar filmes de principios de século e con música en directo feita por Caspervek” e continúa dicindo que “a semana que ven xa dará comezo ao resto de actividades paralelas e a sección oficial”.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por un elenco de 10 actrices. Baixo este título, a compañía pública pon en escena as pezas Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte, que lle ofrecen ao público dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega como punto de partida común. Este eixo temático compartido é o resultado da participación de ambos os autores na primeira edición do grupo de traballo DramaturXa, do que formaron parte xunto a outros 10 integrantes e baixo a coordinación do escritor e director teatral Manuel Lourenzo.
  • Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte. Hoxe celebrouse apertura deste Consejo que se celebra estes días no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A orde do día inclúe a exposición dos aspectos técnicos da candidatura da Ribeira Sacra.
  • A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que abriu as súas portas esta mañá coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, recolle unha escolma de máis de 35 obras entre lenzos, debuxos e pezas de cerámica, todas elas elaboradas por persoas con TEA. 30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico.
  • As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, creado para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas. Baixo a dirección artística de Quique Peón, o Serán’02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así como de agrupacións infantís. Serán'02 desenvolverase en distintos espazos do complexo, incluíndo o Auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro, que se encontra agora mesmo a punto de rematar as súas obras.