Skip to main content

Noticias

  • O 'Corazón da Artesanía. VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia', organizado pola Fundación Artesanía de Galicia, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Entre o venres e o domingo, os visitantes poderán coñecer os 49 expositores de produtos gourmet así como o traballo de 52 artesáns de 26 oficios diferentes.