AGAFI. ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA
![AGAFI. ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA AGAFI. ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA](http://xuntos.galiciadigital.com/sites/xuntos.info/files/imagecache/logo_asociacion_nodo/sites/xuntos.galiciadigital.com/files/logos/agafi.jpg)
QUE É A FIBROMIALXIA A fibromialxia é unha enfermidade crónica que ocasiona dor musculoesquelética xeneralizada e un esgotamento profundo. O nome indica dor nos músculos e nos tecidos fibrosos (tendóns e ligamentos). A doenza defínese coma un reumatismo non articular que produce dor continuada nos tecidos brandos arredor das articulacións. A enfermidade foi recoñecida no ano 1992 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) coma unha enfermidade específica dentro dos reumatismos. Aféctalle aproximadamente a un 5-6% da poboación. O 90% das persoas afectadas son mulleres de idades moi variadas, pero dase unha especial incidencia entre os 20 e os 60 anos. Pódese presentar como única alteración (FM primaria) ou asociada a outras enfermidades (FM concomitante).
Dirección:
Rúa do Home Santo, 10-baixo
Código Postal:
15703
Responsable / Organizador:
Presidenta: M. Dolores Bermúdez Vázquez
Email de contacto:
Formulario de contacto
Teléfonos:
981 574 593
Teléfonos:
981 574 593 ![Información. Crear enlace a mi web](/sites/all/themes/genesis/xuntos/images/icons/info.png)