UNICEF promociona e difunde nos centros de ensino os dereitos da infancia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito Cociña, asinaron un convenio de colaboración ao abeiro do que ambas as entidades colaborarán na difusión nos centros de ensino dos dereitos da infancia e da cidadanía en xeral.
Unha vez formalizado o convenio, a Consellería incluirá no portal educativo (http://www.edu.xunta.es/portal/) un enlace desde o que se poderá acceder directamente á información relacionada con dereitos dos nenos e nenas e da cidadanía global no web de UNICEF. Así mesmo, a Administración educativa fomentará a celebración dentro do calendario escolar do ‘Día Universal da Infancia’ o 20 de novembro. De forma parella, promoverase a inclusión destas materias no proxecto educativo dos centros e a formación do profesorado ao respecto.
Pola súa banda, UNICEF comprométese a facilitar o acceso gratuíto aos devanditos materiais no seu web, así como a poñer a disposición dos centros interesados materiais de autoavaliación institucional sobre dereitos da infancia e a cidadanía. Asemade, poderá ofertarlles aos docentes as accións de formación que organiza en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Con este acordo como base, a Consellería e UNICEF poderán subscribir convenios específicos, en caso de considerarse necesarios para abordar asuntos e materias concretas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia