Comezan as celebración do 50º aniversario de ASPNAIS
O venres 15 de xaneiro comezan as celebracións do Cincuentenario da Asociación provincial de Pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, Aspnais.
A constitución da entidade efectuouse o 8 de xaneiro de 1966, e para celebrar esa efeméride Aspnais ten programados unha serie de actos que abarcarán todo o ano 2016, iniciándose este venres, de acordo co seguinte programa:
Ás 19:00 horas, no altar maior da Catedral de Lugo, misa oficiada polo Bispo de Lugo, Monseñor Carrasco Rouco, cantada polo Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, acompañado ao órgano por Luis Varela Castiñeira, prefecto de Música da Catedral. As lecturas da misa e a ofrenda serán efectuadas por usuarios de Aspnais.
A continuación, no salón rexio do Círculo das Artes, acto de inauguración seguido dunha cea de irmandade, ao que se espera asistan as primeiras autoridades locais e provinciais, así como o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
No acto, que será presentado por usuarios de Aspnais, entregaranse agasallos conmemorativos do cincuentenario a diversos directivos ou familiares de directivos que o foron no decurso deste primeiro século da vida da entidade, presentarase unha mostra de traballos que os usuarios de Aspnais efectúan, e estrearanse o spot e reportaxe sobre o traballo desta asociación, efectuado pola Fundación TIC.

ASPNAIS