Xosé Otero Canto, Premio de poesía Begonte e o Nadal
Xosé Otero Canto (Natural de Ponte de Outeiro e veciño de Lugo), co poema “O VENTO É UN MOINANTE (Cantiga para dormir ao neno)”, foi o gañador do XL CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán” de Begonte, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao poema “SEMPRE HABERÁ BELÉN”, que co lema “O Pombo da chousa grande” foi presentado por Carlos López Fernández, veciño de Lugo. Pola calidade dos seus traballos, concedéronse cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuíña de Sargadelos ás autoras:
- Rosa Piñeiro, de Ávila polo seu poema “HAI UN BELÉN DE GARDA” presentado baixo o lema “Alonit” e
- Lucía Penalonga Cruz, de Lugo, polo seu poema “O NENO É GALEGO”.
O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro Cultural convocante, Xavier Rodríguez Barrio (Poeta), e Xulio Xiz (que actuou como Secretario).
Os premios serán entregados o 30 de xaneiro, sábado, no decurso
dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte e da XLIV edición de “O Nadal en Begonte”.

Xulio Xiz