Comezan os talleres de ASPNAIS nos que van participar máis de 200 lucenses
Neste proxecto, aberto ás incorporacións que poidan producirse, van participar poetas, narradores, comunicadores, fotógrafos, activistas sociais (mesmo diversas autoridades lucenses) e artistas, que visitarán os talleres desta entidade nas Arieiras e na Rampa de Claudio López para coñecer de primeira man como traballan os usuarios desta asociación, superando a súa discapacidade intelectual con coñecementos, ilusión, traballo e constancia. E así, estas persoas incorpóranse á sociedade lucense fabricando mobles ou fregonas, decorando velas ou envasando produtos de industrias lucenses, tecendo alfombras ou coidando xardíns.
As dúas primeiras destas visitas en grupo vanse efectuar o xoves, 28 de xaneiro, pola mañá (a partir das 10:15) e pola tarde (a partir das 15:45), nun recorrido de arredor de dúas horas e media de duración, acompañados por usuarios e responsables de Aspnais.
Aínda que nestas visitas participan comunicadores relacionados cos diversos medios de comunicación, invítase a todos os medios que o desexen a acudir a Aspnais, con tal motivo, tanto mañá como os próximos 3, 18 e 24 de febreiro, tamén en turnos de mañá e tarde, para reflectir o decurso destas visitas e as opinións dos visitantes.
Cada visitante, con posterioridade, fará un balance da visita, cadaquén no seu eido de expresión, pretendendo facer con esas expresións – artigos, poemas, fotografías, obras de arte…- exposicións colectivas que acheguen a actualidade de Aspnais a todos os lucenses.

ASPNAIS