Skip to main content

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, visita os talleres de Aspnais

O Presidente do Consello de Cultura Galega, Ramón Villares Paz, visitou os talleres de Aspnais nas Arieiras, onde foi recibido pola Directora-Xerente Mónica Seijas Rodríguez e a Responsable de Servicios Xerais, Carmen López Mosquera.

As dúas responsables de Aspnais acompañaron ao visitante polos diversos talleres, explicando actividades e procesos, que Villares Paz seguíu con atención, facendo diversas preguntas e observacións.

Como queira que ata o momento o Presidente do Consello da Cultura Galega, lucense de Xermade, non puidera asistir a ningunha das visitas programadas ás instalación da entidade, aproveitou un desplazamento a Lugo para ver sobre o terreo parte da actividade que cos seus usuarios realiza a Asociación lucense de país e titores de discapacitados intelectuais
(Aspnais).
Aspnais