Aspnais visita Cafés Candelas
O luns, 29 de febreiro, ás 10,30 da mañán, Aspnais iniciará unha
visita a Cafés Candelas, nas súas instalacións do Polígono de O Ceao.
A visita será efectuada por un grupo de usuarios e o equipo directivo da
Asociación lucense de país e titores de persoas con discapacidade intelectual -Aspnais- para coñecer de preto as instalacións e realidade
desta senlleira empresa lucense.
A relación de Cafes Candelas con Aspnais ven de antigo, e esta empresa
colabora intensamente coa Asociación dentro do seu programa de responsabilidade social corporativa, e un dos talleres de Aspnais efectúa
traballos de envasado para Cafés Candelas, o mesmo que para diversas
empresas lucenses que confían no traballo dos usuarios da institución.
Nesta reunión, Cafés Candelas vai entregar aos representantes de Aspnais
–como colaboración á celebración do seu Cincuentenario - a edición especial
de azucarillos para o café que ten como protagonista a Aspnais, e que
difundirá, a través da rede comercial desta empresa a imaxe desta
celebración. Ao final da visita, servirase un café.
Día de Rosalía
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou na sede de Aspnais, da Rampa de Claudio López o Día de Rosalía en Lugo. Conduciu o acto o escritor Isidro Novo, que tamén deu lectura ao MANIFESTO confeccionado para este Día de Rosalñia polo escritor SUSO DE TORO.
Saudaron aos asistentes e participantes no acto a Presidenta de Honra de
Aspnais, Conchita Teijeiro e a directiva da entidade Teresa Prado
Barallobre. E actuaron BRANCA VILLARES (voz e pndeireta) e PABLO PINTOR (zANFOÑA). Asistiron numerosos usuarios da institución.

Aspnais