A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra o XXI Xantar Gaiteiro en Ordes
O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega coa finalidade de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional.
Esta 21ª edición contou coa seguinte programación:
11:45h: Na Casa da Cultura de Ordes, tivo lugar a homenaxe a Manuel Viqueira Vieites (Ordes, 1929-2015), un referente da música tracicional.
Manuel Viqueira, “O Gaiteiro de Vilaverde” foi un dos poucos gaiteiros que conservou o xeito de tocar da dixitación antiga, “o toque pechado”, así como o repertorio propios da súa zona (Ordes). Ademais foi o fundador do cuarteto Os Viqueiras, cuxo nome ven dado polos compoñentes do mesmo: él e mais tres dos seus fillos (Manolo, Paco e Fernando).
Nesta homenaxe Gustavo Couto, amigo de Manuel, adicou unhas palabras en recordo á súa persoa. Ademáis, a través de imaxes e videos, fixemos un pequeno percorrido pola sua vida e obra, e finalmente, para completar este recoñecemento ao mestre Gaiteiro, rematamos a homenaxe escoitando unhas pezas da man dos seus fillos e neta.
13:00h: Roteiro polos bares da zona.
14:30h: XXI Xantar Gaiteiro no restaurante O Túnel (N-550, frente a Alameda). A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, máis de 25 anos traballando para preservar e dinamizar a nosa cultura tradicional. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s leva máis de 25 anos traballando para normalizar a presenza do noso baile, os nosos cantos e da nosa música tradicional na sociedade, e un dos seus obxectivos é que os sons dos nosos instrumentos sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida. Dende a AGG considérase importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro, que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar o baile e a música tradicional.

Asociación de Gaiteir@s Galeg@s