Os colexios visitan os talleres de ASPNAIS que é recibida tamén polo presidente da Deputación Provincial
Aspnais, con motivo do seu 50º aniversario, está recibindo nas súas instalacións visitas de grupos de alumnos de colexios da capital lucense, que acoden aos talleres da institución para coñecer o traballo dos usuarios nos diversos campos de actividade, entre os que destacan as actividades de carpintería, alfombras, cerámica, actividades artísticas ou confección de fregonas.
O mércores 13 de abril acudiron 33 alumnos de sexto curso do Colexio de Casás, acompañados dos seus profesores. Desde as 10,30 da mañá visitaron en primeiro lugar os talleres sitos nas Arieiras, e a continuación os da Rampa de Claudio López, Centro de Día e Residencia.
O día 18, ás 17,00, visitarán o centro das Arieiras un grupo de 50 alumnos do colexio Salesianos. E o 20, un novo grupo do Colexio de Casás.
EXPOSICIÓN DE CRUZ LAGO
Grupos dos colexios lucenses visitan tamén a exposición VIAXE AOS SOÑOS POLARES, do artista lucense Cruz Lago, unha mostra aberta na capela do antigo Hospital de Santa María, na que o autor -familiar de usuario e Directivo de Aspnais- fai un percorrido polo mundo da discapacidade intelectual, froito das súas experiencias familiares.
A mostra, que pode ser visitada de 10 a 14 e de 17 a 20 h. os días laborables, e de 11 a 14 e 16,30 a 20 os festivos, foi visitada o pasado luns por alumnos do Colexio Salesianos, do que outro grupo acudirá o próximo día 15. E os días 26 e 27 vai ser visitado por cadanseu grupo de 6ºe 5º do Colexio dos Maristas.
ASPNAIS SAE Á RÚA: VISITA Á DEPUTACIÓN E MUSEO PROVINCIAL
O xoves 14 de abril, 130 usuarios, monitores e directivos de Aspnais visitaron a Deputación Provincial de Lugo ás dez e media da mañá.
O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu no Pazo de San Marcos, ao Presidente de ASPNAIS, José García Reigosa, neste acto estivo acompañado por máis de 120 usuarios desta entidade, así como de coidadores que traballan nesta asociación. A asociación lucense conmemora este ano o seu 50º aniversario con visitas a institucións, charlas, exposicións, talleres, conferencias e moitos actividades máis.
O Presidente felicitou a este colectivo polo seu aniversario “sodes un exemplo a seguir, un exemplo de loita, de superación, de traballo e de dignidade”. Ademais lembrou que dende o ente provincial traballase día a día, para que colectivos como ASPNAIS poidan incrementar as súas actividades. Nese senso, remarcou que un dos piares dos orzamentos da Deputación son as políticas sociais, para as que hai destinada unha partida de 11,2 millóns de euros. “Coñezo de primeira man a importante labor que levades adiante os meus amigos de ASPNAIS. Contade sempre con nós”, dixo.
O Presidente de Aspnais, José García Reigosa, enmarcou esta visita dentro da serie de actividades que esta levando adiante a asociación que preside “o que queremos é que os nosos usuarios coñezan in situ as institucións e os seus representantes públicos, por iso estamos aquí hoxe”. Reigosa agradeceu a boa dispoñibilidade e a receptividade do organismo provincial coas necesidades de Aspnais.
A Deputación mantén unha estreita relación de colaboración con ASPNAIS, pois, xunto ás axudas económicas de case 70.000 euros das pasadas anualidades para contribuír á súa actividade, tamén lle cedeu gratis ás instalacións provinciais do antigo hospital San José. Isto permitirá a este colectivo duplicar as súas prestacións. Hai que ter en conta que, actualmente, ASPNAIS atende a 137 persoas en 22 Concellos da provincia, e dá traballo a 49 persoas.

ASPNAIS