Compostela acolle a presentación do proxecto “A marea do pobo” para En Marea
A MAREA DO POBO entende que a experiencia acumulada ao longo destes anos polos deputados e deputadas de AGE, así como a presenza de activistas e defensores dos servizos públicos serve de aval para definir, xunto coas restantes organizacións e colectivos que conforman o espazo de confluencia de EN MAREA, un programa de acción de goberno que será o que sirva de guieiro para derrotar á dereita de Feijóo o 25 S e poñer en marcha un goberno que defenda á maioría social agredida.
O acto contou coa presenza de membros das tres candidaturas provinciais, sendo as persoas que ostentan os principais postos de saída as que tomaron a palabra para expoñer as liñas mestras do proxecto de A MAREA DO POBO.
A candidatura de Lugo estivo representada por Vanessa Somoza, cabeza de lista, que aproveitou a súa intervención para defender unha política en materia de inclusión social pública que invirta a tendencia actual de empobrecemento xeralizado da sociedade, onde máis de 670 mil persoas están en risco de exclusión social e un 46 % ten moitas dificultades para chegar a fin de mes.
Por parte da candidatura de Pontevedra estiveron os seus dous cabezas de listas, Eva Solla (nº 1) e Juan Fajardo (nº 2), que fixeron unha detallada e sintética diagnose sobre a deficitaria situación da nosa sanidade pública, debido aos recortes e ás privatizacións, e sobre a situación dos nosos sectores produtivos, o campo e o mar, respectivamente, e cales deben ser as principais medidas destinadas a converter eses eidos en estratéxicos para a sociedade do futuro máis inmediato.
Finalmente, por parte da candidatura de A Coruña estiveron Lorena Dapena (nº 2) e Xabier Ron (nº 3). A primeira centrou a súa intervención sobre as desastrosas consecuencias das políticas austericidas de Feijóo no servizo público da educación, sometida a un proceso de devaluación deliberado, para introducir cada vez máis concertos educativos, ao mesmo tempo que se recurtan persoal e se pechan escolas públicas; igualmente, a segunda candidata falou da penosa situación en que están a nosa cultura e o patrimonio histórico debido ao desleixo e á irresponsabilidade da dereita. Pola súa banda, Xabier Ron (nº 3) dedicouse a enfatizar os aspectos xerais do proxecto político de A MAREA DO POBO.

A Marea do Pobo