Xunta e Farmamundi colaboran na atención da poboación afectada polo furacán Matthew en Haití
A Xunta de Galicia, en colaboración coa ONGD Farmamundi, activou unha resposta de emerxencia para atender á poboación haitiana afectada polo furacán Matthew. O custe da intervención é de case 7.000 euros e ten por obxecto a adquisición e distribución de artigos de primeira necesidade como alimentos, auga en botella, kits hixiénicos, mantas ou mosquiteiras.
Nesta ocasión, Farmamundi colaborará co Movemento Socio-cultural para os traballadores Haitianos (MOSCHTA), unha organización sen fins de lucro que vén traballando desde o ano 1985 en sectores empobrecidos en Dominicana e Haití. Ambas organizacións traballan xuntas desde 2003 na mellora da situación socio-sanitaria da poboación máis vulnerable, fortalecendo as capacidades das redes locais e dos servizos de saúde.
O martes, 4 de outubro, o furacán Matthew alcanzou territorio haitiano causando unha gran devastación e inundacións. Matthew, con ventos de ata 220 quilómetros por hora, foi catalogado como o furacán máis poderoso no Caribe dende o Félix en 2007. A traxectoria do furacán atravesou a rexión sur de Haití, cruzando cara o norte, e deixando efectos devastadores nos departamentos Sur, Nippes, Grand Anse, Oeste, Artibonito e Sudeste.
Segundo datos achegados polo MOSCHTA, a totalidade da costa sur está devastada e hai arredor dun millar de mortos e decenas de miles de persoas refuxiadas en albergues. Entre as necesidades especificadas polos organismos de socorro está a provisión de auga potable, alimentos, medicamentos, kits de hixiene, pastillas potabilizadoras, mantas, etc. A maior urxencia é a de provisión de kits de hixiene, mantas e principalmente mosquiteiros, para facer fronte a enfermidades transmitidas por mosquitos, como dengue, malaria, zica, que soen proliferar con este tipo de emerxencias.
Colaborando desde 2009
Esta actuación súmase a outras que Xunta e Farmamundi realizan conxuntamente dende o ano 2009 no marco dos oito convenios de colaboración asinados para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano. O convenio deste ano asinouse o pasado decembro por importe de 50.000 euros.
Estes convenios establecen que as actuacións deben prestar especial énfase aos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia -auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria u outro material de primeira necesidade-, en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano.
Ao longo destes anos de colaboración, a Xunta e Farmamundi teñen activado este tipo de resposta inmediata ante diferentes emerxencias acaecidas, como os tifóns Ketsana e Haiyan en Filipinas, o furacán Ida no Salvador, o terremoto e a epidemia de cólera en Haití, a crise humanitaria en Somalia e a República Democrática do Congo, as emerxencias por mor das choivas no Salvador e Nicaragua, a crise alimentaria no Sahel ou o conflito en Siria.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia