Estudantes de Xornalismo promoven unha campaña para concienciar sobre a doazón de medula ósea en Galicia
O proxecto ‘Regala Tempo, doa medula’ xurde dun traballo de clase da materia de Estratexias e Plans de Comunicación do cuarto curso de Xornalismo na USC, “aínda que ao final foi máis aló dunha simple práctica para a facultade”, aseguran os seus promotores.
A finais de setembro os estudantes Romina Alonso Fernández, Juan Davila Fernández, Sara Fernández Meijide e Iván García Calaza comezaron a planificar a campaña co obxectivo de darlle visibilidade no mes de decembro.
E así, dende o pasado día 5 teñen presenza nesta rede social e en Youtube, cunha resposta positiva pero nunca suficiente. “Queremos seguir medrando e poder chegar ao máximo número de estudantes posibles nas sete cidades universitarias galegas. Porque con moi pouco, podemos facer moito”, din con entusiasmo.
O proceso de doar medula comeza cunha extracción inicial de mostra de sangue ou saliva que supón xa a inscrición no banco mundial de doazóns ata que apareza un posible receptor. No caso de atopar a alguén compatible extraeríase un determinado tipo de células para transplantarllas ao paciente enfermo nun proceso que apenas require hospitalización e non produce ningún efecto secundario.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela