Constitúese a Agrupación de Desenvolvemento Ilder para a mellora da inserción laboral no rural
O proxecto, que se desenvolverá ao longo de tres anos e que conta cun orzamento de 1.629.256 euros, ten por obxecto facilitar o acceso e a reincorporación ao mercado de traballo das persoas que sofren dificultades para integrarse ou reintegrarse no mesmo. Para isto experimentarase novas formas que reduzan as desvantaxes ás que se ve sometida á poboación nos entornos rurais, especialmente os mozos, as mulleres, os inmigrantes e aquelas persoas que sofren algunha minusvalía física.
Para acadar este obxectivo articularanse unha serie de medidas que son: o establecemento das bases de colaboración entre os socios a través da constitución da Agrupación de Desenvolvemento ILDER, o establecemento do mapa de novas ocupacións no medio rural para a posta en marcha de itinerarios profesionais experimentais, facilitar o acceso ao mercado laboral daquelas persoas que teñen dificultades para integrarse no mesmo, paliar as consecuencias no emprego dunha baixa produtividade naquelas actividades laborais consideradas como tradicionais no rural, así como a avaliación das fórmulas de traballo que permitan conciliar a vida laboral e familiar, favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e divulgar e sensibilizar sobre as experiencias nacionais e transnacionais validadas no proxecto.
ACTUACIÓNS
Estas medidas de carácter xeral materialízanse cunha serie de actuacións específicas entre as que destacan: acompañar, tutelar e facilitar persoalizadamente o acceso ao emprego das persoas que sofren maiores situacións de desigualdade respecto ó mercado de traballo no contorno rural galego, acadar unha inserción do 60% dos itinerarios persoais de mellora da ocupabilidade que se realicen no marco do proxecto, aplicar medidas de acción positiva de igualdade de oportunidades no eido do proxecto e pór en marcha unha rede de inserción mediante a sensibilización do empresariado instalado no medio rural galego.
SOCIOS DE ILDER
Xunto con AGADER, participan no proxecto ILDER 10 entidades que son a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores (ASAJA-GALICIA), a Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (SILVANUS-GALICIA), a Confederación Gallega de Minusválidos (COGAMI), a Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural (AMFAR-GALICIA), a Universidade de Vigo, a Asociación Cluster de la Madera de Galicia, as Cooperativas Ourensanas, S.C.G. (COREN), Norte Forestal, S.A. (NORFOR), SAPROGAL, S.A.
Por outra banda, o proxecto contempla a realización dun acordo de cooperación transnacional cons outras Agrupacións de Desenvolvemento de diferentes países da Unión Europea, co fin de coñecer as actuacións realizadas noutros entornos rurais, así como transferir ou importar as boas prácticas detectadas neste eido.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia