Skip to main content

XXVI Homenaxe “O Escritor na súa Terra - Letra E” a Nacho Taibo

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra-Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa vixésimo cuarta edición recaendo por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias na figura de Nacho Taibo, que será homenaxeado no Concello de Oleiros.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de adopción do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e a colocación dun monólito conmemorativo.

A AELG conta co apoios da Deputación Provincial da Coruña, da Consellaría de Cultura, do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e do Concello de Oleiros.

PROGRAMA DE ACTOS

11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor)
Interveñen:
• Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Nacho Taibo

12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Inmaculada Otero Varela: Laudatio
Entrega da peza escultórica da artista Alejandra Sampedro
• Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Nacho Taibo
• Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros

14:30 Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17)
Xantar de confraternidade.

Nacho Taibo é esoutro Ulises que triangula polo ángulo case recto da Galiza os recantos lendarios de Grecia e Irlanda, para abrir logo, en xeometría libertaria, as arestas cara os espazos atemporais de Brasil, Italia e outros mares. As cartas de navegación trazan o itinerario da súa biografía rica en experiencias e vizosa no fabular porque, á fin, a ficción é tamén vivencia, un modo de transitar espazos reais e subxectivos no que sempre fica lugar para o compromiso cunha xustiza que asenta os pés na terra que pisan os homes e mulleres de ningures. As boas familias que mercan a súa posición con cartos manchados polo po da explotación non poden coutar a loita dos seres pacíficos, a memoria dos que pairan nas augas dos perdedores, aqueles aos que se converte en vencidos das guerras, dos conatos de democracia, das ilusións do progreso económico ou das colonizacións. Posto que a fantasía da historia non sempre é utopía, como viaxar polo tempo non sempre é invención, os relatos que apalpan os acontecementos do pasado precisan a seguranza de experimentar co discurso e a vangarda no pensar. Precisan de Ulises que fondeen as illas nas que a verdade é soño e o soño, un acto real.

ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

I Edición
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos

II Edición
BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo

III Edición
MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei

IV Edición
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo

V Edición
XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces

VI Edición
UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel

VII Edición
LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo

VIII Edición
XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba

IX Edición
XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín

X Edición
SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo

XI Edición
PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense

XII Edición
MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo

XIII Edición
MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro

XIV Edición
XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide

XV Edición
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba

XVI Edición
MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela

XVII Edición
PACO MARTÍN
2011 • Lugo

XVIII Edición
XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo

XIX Edición
MARICA CAMPO
2013 • O Incio

XX Edición
XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea

XXI Edición
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa

XXII Edición
HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo

XXIII Edición
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo

Foto: Santos-Díez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega