Skip to main content

A asociación Xermolos homenaxe aos "da lexía" e ao seu mentor Alfonso Blanco Torrado

O certo é que Alfonso Blanco Torrado, igual que outros máis, quedou con aquela espiña cravada. Estaba latente o desexo de facer honra aos tres irmáns "da Lexía" -traballaban nunha fábrica de lexivia na Coruña, de aí o nome- que foran preixados no Concello De Guitiriz e despois fusilados no Concello da Coruña.

A isto sumouse o desexo de concilialo todo agradecendo a Alfonso que fose o mentor dos feitos e a cabeza pensante na recuperación da súa honra. De aí veu esta escultura, esta celebración. Asociacións culturais e entidades, concellos, sumáronse á iniciativa aportando ilusión e cartos. Ao final aí estará a obra de Xosé Val Díaz, dando ecos do noso orgullo por lembrar, e inaugúrase o día 8 de xullo, ás 12 da mañá. Nas mesmas festas da Santa Mariña, alá na Santa Mariña de Guitiriz. Será un acto breve e sinxelo. Se queredes participar, estades en tempo.
Xermolos