Os 400 apicultores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia venderon o ano pasado máis de 300 toneladas de produto
No que vai de 2018 xestionáronse preto de 21.000 avisos, coa retirada ou inactivación de 9.693 niños.
Estes son algúns dos datos achegados pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa participación, esta tarde en Melide, nunha charla informativa sobre a produción de mel organizada pola Asociación de Mulleres Catasol e o concello desta localidade coruñesa. A conselleira destacou tamén que este mel prodúcese nun total de 45.496 colmeas e que son 29 os envasadores inscritos na devandita IXP.
Na súa intervención, Ángeles Vázquez sinalou que este produto é moi nutritivo e mesmo ten importantes características terapéuticas. Así, dixo que aporta ao organismo azucres simples de fácil asimilación, proteínas, oligoelementos (fósforo, sodio, potasio ou ferro) e vitaminas. Por iso defendeu o seu consumo, e moito máis cando se trata de mel amparada pola IXP de Galicia.
A conselleira fixo un percorrido polos procesos de obtención do produto, composición nutricional, envasado, etiquetaxe ou tipos de mel. Con respecto a estes últimos, indicou que en Galicia existen a multifloral e as monoflorais de diversas especies, como o castiñeiro, eucalipto, breixo ou silva, entre outras, repasando as características de cada unha delas.
Venda directa
A titular de Medio Rural fixo referencia, ademais, á normativa galega sobre venda directa, que permite aos apicultores comercializar o seu produto desde as súas explotacións ata o consumidor final, cumprindo unha serie de condicións. Esta posibilidade supón unha gran vantaxe para os produtores á hora de vender o seu mel.
Por último, a conselleira fixo unha serie de consideracións sobre a problemática da vespa velutina, unha especie invasora incluída como tal no catálogo correspondente elaborado polo ministerio de Medio Ambiente. Así, lembrou a súa orixe asiática, características e distribución, así como os efectos adversos sobre a produción apícola, o medio ambiente ou a poboación, malia que, puntualizou, “non é máis agresiva que a autóctona” e só ataca se ve ameazado o seu niño.
A conselleira matizou, en todo caso, que os efectos da velutina sobre a produción de mel en Galicia non teñen sido tan graves como os previstos inicialmente, en gran parte polo programa de control posto en marcha desde 2014 pola Xunta en colaboración con outras administracións e que se basea en dous piares, o trampeo de futuras raíñas (en primavera, fundamentalmente) e a eliminación de niños.
Con respecto ao primeiro, advertiu que desde 2015 a Consellería do Medio Rural repartiu entre os apicultores con colmeas en concellos afectados un total de 13.267 trampas co seu correspondente líquido atraínte. En relación coa eliminación de niños, só en 2017 xestionáronse case 44.000 avisos por este motivo e retiráronse ou inactiváronse máis de 24.000. No que vai de 2018 xestionáronse preto de 21.000 avisos, coa retirada ou inactivación de 9.693 niños.
En todo este labor, segundo explicou Ángeles Vázquez, participan diferentes departamentos da Xunta de Galicia (Vicepresidencia, Medio Ambiente e Medio Rural), así como 115 concellos de toda a comunidade autónoma, que actúan como municipios colaboradores.
A conselleira rematou a súa charla achegando información útil para loitar contra esta especie invasora. Así, entre outras cousas recordou que para dar avisos de velutina débese chamar ao teléfono 012, aportando, co maior detalle posible, datos sobre localización do niño (provincia, concello, parroquia, lugar, casa) e respondendo diferentes preguntas para diferenciar se é vespa velutina ou non, así como para determinar se é unha emerxencia.

Mel de Galicia