A Semana de Cine de Lugo chega á súa 40ª edición
Nesta 40 Semana, renderáselle homenaxe a Rosario Dúrcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México, cuxa biografía se presentará no marco da Semana de Cine. Tamén foi presentado hoxe o volume “40 semanas de cine en Lugo”, unha obra a cargo de Xulio Xiz e Manuel Curiel que repasa a historia de cada unha das edicións deste encontro cinematográfico, que conta un ano máis coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.
Presentación
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu este serán ao Auditorio Gustavo Freire da Cidade das Murallas para participar na inauguración da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que chega este ano á súa 40º edición. Previamente, asistiu no salón de actos da Deputación Provincial á presentación do libro “40 semanas de cine en Lugo”, co que se conmemora este aniversario.
Valentín García agradeceu o traballo “serio e continuado do Grupo Fonmiñá”, organizador da Semana de Cine, que permitiu “chegar ata esta 40 edición”. Ademais, o secretario xeral quixo destacar a sección “Cine Galego” do festival cinematográfico lucense, que este ano amplía as súas proxeccións, “porque é fundamental para apoiar os creadores de cine na nosa lingua e dar a coñecer o seu traballo”.
Tanto na presentación do libro como na inauguración da Semana de Cine, Valentín García estivo acompañado polo o xefe territorial da Consellería de Vicepresidencia, Ramón Carballo, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Cultura, Carmen Basadre; a deputada provincial de Cultura, Pilar García Porto; a vicerreitora de coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o director da Semana de Cine, Manuel Curiel Fernández, e o presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil.
Durante a inauguración oficial do festival foron galardoados Manuel Curiel, director das 40 Semanas de Cine ata agora celebradas; Lucía Yáñez, autora do cartel da Semana; Tareixa Campo, directora do grupo teatral Achádego, e Edgar Fernández Cloos, fillo de Guillermo Fernández Otero, o delegado de Cultura que propiciou no seu día o nacemento da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Todos eles recibiron de mans das autoridades presentes estatuíñas deseñadas por Forges para a Semana de Cine.

Xunta de Galicia