Este sábado, Festa da Afirmación e Dignidade en Meira
Este sábado, 22 de setembro, vaise celebrar no Pedregal de Irimia, primeiro manantial onde nace o Río Miño, a VI edición da FESTA DA AFIRMACIÓN E DIGNIDADE, organizada por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira.
Os actos comezarán ás 12, coa lectura do Manifesto da Festa por Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), que será seguido da lectura de comunicados da Irmandade Manuel María, Adega, Presos nacionalistas galegos, Asociación Avelino Díaz e outros colectivos.
No Pedregal faranse entrega de MANS DE IRIMIA, obras do escultor meirego Manolo Pardo, á Memoria de Xabier Puente Docampo, polo representante da Irmandade Manuel María, e a José da Flor, por parte de Ermitas Rodríguez Gómez, da Asociación Cultural M de Meira.
Ás 14,30, terá lugar o xantar comunitario nos Cabanóns de Meira. Os actos pecharanse ás 16,30, na Praza do Concello, cun Festival coas Pandeireteiras Nove Ferreñas, de Meira, e outras agrupacións musicais.

Xermolos