Inaugurada a mostra ‘Somos Imparables’ de Aspace Galicia para dar maior visibilidade ás persoas con parálise cerebral
O proxecto CapacitARTE consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte da delegación galega do Cermi.
A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, acompañado do director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, participou esta mañá na inauguración da mostra Somos Imparables da federación galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e patoloxías afíns (Aspace Galicia), que durante toda esta semana se poderá seguir vendo no espazo da pirámide do edificio administrativo da Xunta en San Caetano. Responsables das diferentes entidades que traballan no ámbito da discapacidade asistiron ao acto de apertura desta exposición que se enmarca na iniciativa CapacitARTE desenvolvida por Cermi e a Administración autonómica.
Na súa intervención, a conselleira enxalzou o traballo das entidades que conforman Aspace Galicia, ao tempo que manifestou que o obxectivo principal desta exposición “é proxectar os valores que transmiten as persoas con distintas capacidades e as entidades que os representan, dando con ela a coñecer o labor diario dos profesionais, do voluntariado e das persoas con discapacidades e as súas familias que conforman a gran familia que é Aspace”. Así mesmo, lembrou que esta actividade forma parte da conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral, que este ano estivo centrado en dúas reivindicacións: o dereito de vivir en espazos accesibles, así como o dereito á intimidade e afectividade.
Ao respecto, Fabiola García fixo uso da lenda da lenda do Día Mundial da Parálise Cerebral para instar a “mirar de fronte a estas persoas para que o conxunto da sociedade sexa consciente das necesidades que teñen pero tamén, e sobre todo, das súas capacidades”. Neste sentido, garantiu que a Xunta “seguirá estreitando a colaboración coas entidades e sumando esforzos para multiplicar os resultados”, de aí que un ano máis se teñan incrementado as contías dos convenios coas asociacións e federacións de atención á discapacidade.
Nesta liña, a titular de Política Social manifestou que “continuaremos traballando pola accesibilidade universal e achegando solucións que contribúan a mellorar a calidade de vida destas persoas e as súas familias”. Con este fin, apuntou que o Goberno galego destina este exercicio máis recursos que nunca ao ámbito da discapacidade ata acadar practicamente os 103 millóns de euros que é unha cifra récord na historia da autonomía. “Así o facermos porque queremos unha Galicia para todos e todas, sen exclusións nin barreiras”, concluíu Fabiola García.
A mostra Somos Imparables está formada por 19 fotografías e paneis explicativos que dan conta do día a día das persoas con parálise cerebral, das actividades e servizos de Aspace Galicia, así como das principais demandas destas persoas. Esta exposición englóbase no proxecto CapacitARTE, que consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte da delegación galega do Cermi, e ten por finalidade dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral.

Aspace