Skip to main content

Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, “Alfonso de Guitiriz”, polo seu excepcional labor cultural e social

ADEGA quere contribuír, no espazo que dispón, a encher o insuficiente recoñecemento do labor, entrega e sacrificio das persoas que, desde o seu compromiso cristián, se situaron a carón do pobo para organizar a súa defensa e a defensa da Terra. Unha contribución que agarda sirva de xermolo para que o recoñecemento se estenda polo país.

A idea de facer a homenaxe anual na Eira da Xoana xurdiu no ano 2012, e, daquela, fixemos un recoñecemento a toda a comunidade cristiá que honrou a Terra nai unindo cristianismo e galeguidade; nos seguintes anos, diferentes persoas, significativas desde esta perspectiva, recibiron o noso agradecemento polo seu destacado e desinteresado labor.

No 2013, Leopoldo López, que, ademais, espertou moitos compromisos inquebrantables co país; Moncho Valcarce, no 2014, que participou directa e activamente coa xente do rural na defensa dos seus dereitos. Francisco Carballo, no 2015, que puxo a súa fe e os seus saberes ao servizo do pobo galego. Pepe Chao, no 2016, que “renaceu galego” e mantivo a súa militancia até o final. No 2017, as irmás Wirtz Molezún ( María, María Teresa e María Pilar), pola súa opción polo rural e polas persoas e colectivos deste que procuran un mundo máis xusto.
Adega