A Deputación da Coruña e Enxeñeiros Sen Fronteiras constrúen unha rede de abastecemento de auga potable baseada en enerxía solar en Honduras
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse esta mañá no Pazo de Mariñán cuha delegación de alcaldes e representantes institucionais das comunidades hondureñas de El Fortín e Piedra Parada, na área municipal de El Triunfo (Honduras), onde a institución provincial e Enxeñeiros Sen Fronteiras (ESF) desenvolven dende o ano 2008 un proxecto de instalación dunha rede de abastecemento de auga potable baseada en enerxía solar.
A área onde se está a desenvolver este proxecto ubícase no Golfo de Fonseca, moi preto da fronteira con Nicaragua e carecía, tanto no núcleo urbano coma nas zonas máis rurais, de sistemas axeitados de saneamento e abastecemento de auga. O proxecto englóbase dentro dunha inciativa máis ambiciosa de xestión da auga impulsada por ESF- en colaboración con varias institucións- que afecta a un total de sete municipios que integran a mancomunidade NASMAR (Amapala, Nacaome, Goascorán, San Lorenzo, Namasigüe, Marcovia e El Triunfo) e afectan a unha poboación total de 209.300 persoas.
Melloras sociais, económicas e medioambientais
Os representantes institucionais dos municipios hondureños agradeceron o apoio da Deputación da Coruña e Enxeñeiros Sen Fronteiras para desenvolver un proxecto e explicaron cómo contribuíu a mellorar as condicións de vida das persoas na zona, en espacial das mulleres, sobre as que recae fundamentalmente o traballo de carrexar a auga dende fontes e manantiais, xa que só o 33% das vivendas contan con auga potable dentro da casa.
O proxecto tamén permite á poboación acceder a auga de forma barata e sustentable, xa que debido á falta de infraestruturas axeitadas de suministro de electricidade e ao alto prezo da mesma, optouse por usar a enerxía solar como fonte de enerxía
A iniciativa inclúe ademáis accións para fortalecer as capacidades técnicas da poboación local sobre o deseño, instalación e mantemento de sistemas fotovoltaicos para o bombeo de auga, ademais de apostar por unha importante mellora na sustentabilidade económica e ambiental.

Deputación da Coruña