A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo reúnese en Santiago de Compostela

Trátase, como explicou o presidente da CRUSOE e reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira de Castro, de que universidades con intereses e obxectivos comúns alcancen unha maior compenetración coas sociedades e rexións nas que se enmarcan. “De aí a importancia de traballar conxuntamente coas autoridades e entidades responsables de cada territorio”, dixo. A mesma idea resaltouna o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, para quen é “esencial” a colaboración entre institucións académicas que teñen moito en común “e que poden derivar en propostas e accións que sen dúbida” beneficiarán á comunidade educativa”.
A xuntanza conxunta posterior entre CRUSOE e RESOE presidiuna o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ela asistiu tamén a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nela, entre outras cuestións, presentouse un borrador do RIS 3 macrorrexional que servirá como documento de taballo para que as universidades colaboren coas rexións e o seu desenvolvemento no logro de obxectivos estratéxicos.
Ademais de crear un grupo de traballo operativo entre a executiva da CRUSOE e representantes dos distintos Gobernos rexionais, na sesión acordouse ampliar o programa Iacobus de mobilidade a toda a macrorrexión.
Universidade de Santiago de Compostela