A Fundación Paideia promove as bandas emerxentes a través do concurso Sonidosmans
Así, incluirase ós gañadores nos carteis de oito destacados festivais galegos e ofrecéndolles a oportunidade de gravar nos Estudios Mans da Coruña.
O concurso diríxese a artistas e bandas españolas que non teñan editado nin distribuído traballos de xeito comercial. Para participar, deberán presentar un tema orixinal e inédito en letra e música a través da web ata as 12,00 h. do vindeiro 1 de abril.
Entre os inscritos, un xurado formado pola manager Patricia Hermida e os xornalistas musicais Javier Becerra e Nonito Pereira seleccionará 50 semifinalistas, que pasarán á segunda fase do proceso. Esta desenvolverase entre o 16 e o 30 de abril e dela sairán, mediante votación popular, os 25 finalistas. Destes últimos, un xurado designado por cada un dos festivais colaboradores deste ano decidirá que agrupación formará parte dos seus respectivos carteis: O Son do Camiño (en Santiago de Compostela), PortAmérica (Caldas de Reis), Atlantic Fest (A Illa de Arousa), Sinsal SON Estrella Galicia (Vigo), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa), 17º Ribeira Sacra (diferentes concellos da Ribeira Sacra) e Festival de la Luz (Boimorto).
Esta iniciativa, enfocada a poñer en valor e a darlle visibilidade ao talento da mocidade emprendedora no sector musical, enmárcase na liña de colaboración no eido da promoción musical que a Agadic mantén nos últimos anos coa Fundación Paideia Galiza.
Neste sentido, desenvolven tamén unha nova edición das súas xornadas sobre industria musical, que se veñen celebrando desde finais de xaneiro arredor da fotografía, o turismo e a innovación na música en directo. A terceira e última destas sesións terá lugar o vindeiro 28 de marzo na sede da Fundación Paideia na Coruña coa innovación como tema central.

Fundación Paideia