O Ateneo de Santiago analiza os resultados electorais nunha mesa redonda
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/20190429-ateneo.jpg)
Antón Losada é Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, Profesor de Ciencias Políticas dende 1998 e ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comentarista de Cadena Ser, participou en diversos parladoiros radiofónicos e escribiu artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión e en El Periódico de Catalunya. A mediados dos anos noventa ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid.
Domingos Sampedro realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente na Universitat de Barcelona. Na actualidade é redactor de La Voz de Galicia dende 1996.
Beatriz Vila Couto é redactora parlamentaria de Europa Press dende 2007 e anteriormente traballou como redactora responsable das áreas de sanidade e sociedade na Axencia Galega de Noticias. Á marxe do xornalismo, foi tamén profesora.
Ateneo de Santiago